BFA – Business Factory Auto

XALUT BUSINESS

Datos de contacto

Empresa: YOURFISIO APP, S.L.

Contacto: Xoel Hermelo

Teléfono: +34 600 988 881

Email: xoel@xalut.com

Web: www.xalut.com

Instagram: www.instagram.com/xalut_es

Descrición do proxecto

XALUT BUSINESS é unha ferramenta dixital de saúde enfocada na fisioterapia, deseñada para previr lesións musculoesqueléticas en traballadores do sector da automoción. A plataforma permite unha abordaxe directa cando os empregados presentan síntomas, axudando a reducir a dor e optimizar a súa saúde.

Solución e tecnoloxías

XALUT combina un fisioterapeuta persoal con intelixencia artificial para diagnosticar doenzas, prescribir exercicios terapéuticos individualizados e crear dinámicas de saúde na empresa. Tamén realiza o seguimento dos datos de saúde dos empregados para mellorar o seu benestar.

Innovación achegada

XALUT integra servidores propios con ciberseguridade para almacenar datos de saúde, e ofrece un panel administrativo para as empresas que permite objetivar resultados.