BFA – Business Factory Auto

VOAR

Datos de contacto

Empresa: ASTRAX MOVILIDAD, S.L

Contacto: Álvaro Soto

Teléfono: +34 614 007 569

Email: hola@voarmotos.com

Web: www.voarmotos.com

LinkedIn: www.linkedin.com/company/voar-motos

Descrición do proxecto

VOAR MOTOS desenvolveu unha motocicleta eléctrica adaptada de tres rodas para que persoas con mobilidade reducida ou discapacidade física poidan acceder ao vehículo, gardar a súa cadeira e conducir de forma segura e cómoda. A proposta busca abrir o uso da moto a persoas que hoxe non poden acceder a este tipo de mobilidade, combinando practicidade urbana, sustentabilidade e experiencia de condución. O proxecto nace dunha necesidade real vinculada á autonomía persoal e ao dereito a gozar da condución, e foi desenvolvido desde cero en diálogo con usuarios finais e asociacións próximas a persoas con mobilidade reducida.

Solución e tecnoloxías

A solución consiste nunha moto eléctrica de tres rodas equipada con accesorios de accesibilidade e seguridade que permiten o acceso, a colocación da cadeira e a condución autónoma sen depender de terceiras persoas. Integra deseño centrado no usuario, mobilidade eléctrica, estabilidade de tres rodas e adaptación funcional para persoas en cadeira de rodas ou con mobilidade reducida. O desenvolvemento do produto e do futuro proceso produtivo oriéntase á fabricación das primeiras unidades comercializables e á validación de métricas de lanzamento.

Innovación achegada

VOAR MOTOS innova ao redefinir unha categoría de mobilidade que tradicionalmente excluíu ás persoas con discapacidade física. Non se limita a adaptar un vehículo, senón que propón unha motocicleta deseñada para combinar accesibilidade, seguridade, independencia, sustentabilidade e desfrute da condución. O seu valor diferencial reside no enfoque centrado en usuarios reais, na capacidade de ampliar o mercado da moto e na creación de comunidade arredor dunha mobilidade inclusiva que rompe barreiras funcionais e sociais.