NMOTION INDUSTRIAL
Datos de contacto:
Empresa: NSILICA SIMULATION TECHNOLOGIES, S.L.
Contacto: José Ángel López
Teléfono: +34 669 993 253
Email: j.lopez@nsilica.com
Web: www.nsilica.com
LinkedIn: www.linkedin.com/company/nsilica/
Descrición do proxecto:
nMotion Industrial é unha solución tecnolóxica desenvolvida por NSILICA para mellorar a seguridade, a ergonomía e a eficiencia en contornas industriais e de automoción mediante a dixitalización do movemento humano. Está orientada a operacións manuais con carga física, repetitividade ou interacción con contornas produtivas complexas, onde o operario convive con maquinaria, robots, AGVs ou outros elementos de risco. O proxecto transforma a forma de avaliar tarefas manuais, pasando de observacións puntuais ou criterios pouco homoxéneos a unha toma de decisións baseada en datos reais de execución.
Solución e tecnoloxías:
A proposta combina hardware wearable con sensores inerciais, electrónica propia e unha plataforma software de análise capaz de rexistrar e interpretar posturas, rangos articulares, repeticións, velocidades, patróns de execución e variabilidade entre operarios. A solución permite xerar métricas obxectivas aplicables á ergonomía, PRL, seguridade industrial, formación, mellora de procesos, redeseño de postos e estandarización de operacións. Ademais, posibilita a creación de datasets reais de movemento asociados a tarefas, quendas ou perfís de operario, abrindo a porta á simulación de operacións e a futuros modelos predictivos baseados en IA.
Innovación achegada:
A innovación de nMotion Industrial non reside unicamente en usar sensores inerciais, senón en integralos nunha solución completa que capta, interpreta e converte o movemento do operario en indicadores accionables para a fábrica. O seu enfoque une coñecemento biomecánico, hardware propio, sensórica wearable, electrónica, software, procesamento de datos e intelixencia artificial aplicada. Fronte a alternativas ríxidas ou de laboratorio, propón unha ferramenta flexible, portátil e despregable en condicións reais de planta, capaz de protexer ao operario, reducir riscos para a empresa e achegar información obxectiva para a mellora continua.