MOBILE BIN PICKING
Datos de contacto
Empresa: PROBOTEC LAB, S.L.
Contacto: Rafael Gómez
Teléfono: +34 698 159 226
Email: rgomez@probotec.es
Web: www.probotec.es
LinkedIn: www.linkedin.com/company/probotecpi
Descrición do proxecto
Mobile Bin Picking (MBP) é unha solución robótica avanzada que combina a tecnoloxía de Robots Colaborativos (COBOTs) cun sofisticado sistema de visión artificial Bin Picking. Este sistema permite a extracción automática de pezas desordenadas en cestos, optimizando procesos industriais como a paletización, a carga automática de máquinas e a alimentación de liñas de fabricación.
A diferenza das aplicacións tradicionais de pick and place, onde as traxectorias están previamente gravadas, MBP utiliza un sistema de visión 3D que auto-xenera traxectorias de recollida en función da disposición das pezas e a súa contorna, como as paredes do cestón ou columnas próximas. Isto permite unha maior flexibilidade e eficiencia en contornas industriais dinámicas.
Solución e tecnoloxías
MBP integra dúas tecnoloxías chave que melloran a eficiencia e precisión na manipulación de pezas:
• Robot Colaborativo (COBOT): Permite que o robot traballe de forma segura xunto aos operarios humanos, compartindo o espazo de traballo sen necesidade de barreiras físicas.
• Sistema de visión Bin Picking 3D: Analiza a escena en tres dimensións, localizando e avaliando as pezas para identificar cal é a máis adecuada para extraer en cada ciclo. O sistema axusta as traxectorias en tempo real segundo a disposición das pezas e os obstáculos presentes.
Ademais, MBP adáptase a diferentes tipos de pezas e cestos, o que a converte nunha solución versátil para sectores produtivos como a automoción, a loxística e a manufactura avanzada.
Innovación achegada
Innovación achegada
A principal innovación de Mobile Bin Picking radica na súa capacidade para automatizar procesos complexos de extracción de pezas de maneira precisa e eficiente. Entre as súas achegas destacan:
• Autoxeración de traxectorias en función da contorna e a disposición das pezas, eliminando a necesidade de programacións previas.
• Interacción segura entre humanos e robots grazas ao uso de COBOTs, mellorando a flexibilidade e a colaboración na contorna industrial.
• Optimización do proceso de extracción, permitindo seleccionar a peza máis adecuada en cada ciclo para maximizar a eficiencia operativa.
• Adaptabilidade a distintas contornas industriais, o que facilita a súa imprementación nunha variedade de sectores produtivos.
Con estas innovacións, MBP posiciónase como unha solución crave para as empresas que buscan automatizar os seus procesos loxísticos e de produción de maneira eficiente, segura e flexible.