BFA – Business Factory Auto

LUPEON

Datos de contacto

Empresa: LUPEON, S.L.

Contacto: Luis Mandayo

Teléfono: +34 986 118 131

Email: jlmandayo@lupeon.com

Página web: www.lupeon.com

LinkedIn: www.linkedin.com/company/lupeon

Descrición do proxecto

Lupeon é unha empresa de enxeñería especializada no deseño, desenvolvemento e integración de solucións innovadoras mediante fabricación aditiva ou impresión 3D. A súa actividade céntrase en optimizar procesos industriais, principalmente no sector de automoción, a través do deseño de compoñentes lixeiros e personalizados.
A compañía conta cunha “micro-fábrica” equipada coas principais tecnoloxías de impresión 3D industrial, como:

• Cama de po metálico e polimérico.
• Curado de resinas fotosensibles.
• Deposición fundida de termoplásticos en filamento.

Grazas a esta capacidade tecnolóxica, Lupeon ofrece solucións adaptadas ás necesidades específicas de cada cliente, reducindo tempos de produción e mellorando o rendemento dos procesos industriais.

Solución e tecnoloxías

Lupeon desenvolve solucións innovadoras para a automatización industrial, especialmente no ámbito da robótica colaborativa e industrial, aplicando as seguintes tecnoloxías:

• Optimización estructural: Aplicación de algoritmos de deseño topolóxico que reducen o peso dos compoñentes sen comprometer a súa resistencia.
• Fabricación aditiva (impresión 3D): Produción de pezas mediante impresión 3D con diversos materiais industriais, como metais, polímeros e resinas, o que permite fabricar compoñentes complexos con prazos de entrega reducidos.
• Deseño de garras polivalentes e bridas: Creación de garras e bridas adaptables a diferentes tarefas, optimizadas en peso e inercia para mellorar a produtividade e reducir o desgaste dos robots industriais.
• Integración rápida: Os deseños de Lupeon facilitan a montaxe e substitución de garras e compoñentes, optimizando os tempos de cambio en liñas de produción.

Esta combinación de tecnoloxías permite a Lupeon desenvolver solucións lixeiras, personalizadas e de alto rendemento, adaptadas ás esixencias do sector de automoción e outras contornas industriais.

Innovación achegada

Lupeon achega solucións avanzadas que melloran a eficiencia e flexibilidade nos procesos industriais:

• Reducción do peso e a inercia: Os compoñentes optimizados reducen a carga sobre os robots, aumentando a súa velocidade e precisión, e prolongando a vida útil dos equipos.
• Personalización e axilidade: Grazas á fabricación aditiva, Lupeon ofrece solucións adaptadas ás necesidades específicas de cada cliente, reducindo prazos e custos en comparación cos métodos tradicionais.
• Montaxe rápida e sinxela: Os deseños innovadores de garras e bridas simplifican o proceso de instalación, minimizando os tempos de inactividade nas liñas de produción.

Estas innovacións permiten a Lupeon contribuír á transformación dixital e á optimización de procesos na industria de automoción, impulsando a adopción de tecnoloxías lixeiras e adaptables.