BFA – Business Factory Auto

INMAKE

Datos de contacto

Empresa: INMAKE STUDIO, S.L.

Contacto: Andrés Vaquero

Teléfono: +34 638 878 574

Email: andres@inmake.es

Web: www.inmake.es

LinkedIn: www.linkedin.com/company/inmakestudio

Descrición do proxecto

Inmake Integra é un proxecto que busca integrar a impresión 3D e a fabricación aditiva no sector da automoción, ofrecendo ás empresas ferramentas para entender e optimizar o uso desta tecnoloxía. A plataforma permite ás compañías maximizar o potencial da impresión 3D, facilitando a fabricación rápida de pezas e prototipos.
A través de Inmake Integra, as empresas poden xestionar todos os aspectos do proceso de fabricación aditiva, desde realizar pedidos ata coñecer en tempo real os tempos de produción, custos e prazos de entrega. Esta solución axuda ás compañías para reducir tempos e custos, favorecendo a adopción de tecnoloxías de vangarda nos seus procesos produtivos.

Solución e tecnoloxías

A plataforma Inmake Integra ofrece acceso directo a tecnoloxías de fabricación aditiva, permitindo ás empresas producir prototipos, recambios, accesorios e complementos en tempos moi reducidos. A solución facilita a xestión integral do proceso de impresión 3D, desde a solicitude de fabricación ata o seguimento do estado dos pedidos e a xestión de recursos.
O sistema tamén proporciona información en tempo real sobre a carga de traballo dos equipos, optimizando así a planificación da produción e asegurando tempos de resposta rápidos e eficientes.

Innovación achegada

Inmake Integra achega varias innovacións crave na adopción da impresión 3D na industria de automoción:

• Imprementación da fabricación aditiva no sector da automoción, facilitando a súa adopción e optimización.
• Flexibilización da fabricación de prototipos e pezas, permitindo unha resposta rápida ás necesidades de produción.
• Redución de custos e tempos de fabricación, facendo que a creación de pezas sexa máis eficiente e económica.
• Formación personalizada para os usuarios, asegurando que as empresas poidan sacar o máximo proveito das tecnoloxías e servizos ofrecidos de maneira dinámica e eficiente.

Esta combinación de tecnoloxía e formación converte a Inmake Integra nunha solución integral que impulsa a transformación dixital na industria de automoción.