BFA – Business Factory Auto

IMMERSIA

Datos de contacto

Empresa: IMMERSIA VISUAL INTELLIGENCE, S.L.

Contacto: Seda Tosun

Teléfono: +34 636 515 357

Email: seda@immersia.eu

Web: www.immersia.eu

LinkedIn: www.linkedin.com/company/immersia-datavisualization

Descrición del proxecto

Immersia desenvolve solucións de visualización inmersiva que combinan Realidade Aumentada (AR), Realidade Virtual (VR) e xemelgos dixitais para optimizar a supervisión, o control e a toma de decisións en contornas industriais.

A súa plataforma permite transformar datos industriais en visualizacións animadas e hiperdimensionales, adaptadas ás necesidades específicas de cada empresa. Grazas á integración co xemelgo dixital da planta, Immersia ofrece unha ferramenta intuitiva e accesible desde múltiples dispositivos (lentes de realidade mixta, smartwatches, tablets, pantallas), que mellora a monitorización de procesos, reduce incidencias e axiliza a resolución de problemas.

Solución e tecnoloxías

Immersia integra tecnoloxías de vangarda para facilitar o control e a optimización de contornas industriais:

Realidade Aumentada (AR) e Realidade Virtual (VR): Implementación de visualizacións tridimensionales que facilitan a comprensión e supervisión dos procesos industriais en tempo real.
Xemelgo dixital: Representación virtual da planta industrial, vinculada con datos operativos, que permite monitorizar e simular procesos nunha contorna dixital.
Intelixencia visual: Capas de análise de datos avanzados que transforman a información masiva en gráficos dinámicos e hiperdimensionales, facilitando a toma de decisións.
Multi-dispositivo: Plataforma accesible desde lentes de realidade mixta, reloxos intelixentes, tablets e pantallas tradicionais, asegurando a dispoñibilidade da información en calquera momento e lugar.
Interface intuitiva: Uso de interfaces naturais e visualizacións interactivas que melloran a experiencia do usuario, permitindo unha interpretación áxil e clara dos datos.

Innovación achegada

Immersia ofrece unha solución pioneira que combina analítica avanzada e interacción inmersiva para mellorar a eficiencia operativa en contornas industriais:

Transformación de datos en coñecemento visual: Permite interpretar grandes volumes de datos en tempo real mediante visualizacións tridimensionales e intuitivas, facilitando a identificación de patróns e a anticipación de incidencias.
Optimización de procesos e redución de custos: A integración co xemelgo dixital e a visualización inmersiva permite monitorizar e simular os procesos produtivos, optimizando as operacións e minimizando as paradas non planificadas.
Respostas máis rápidas: A dispoñibilidade da información en tempo real e en múltiples dispositivos permite actuar con axilidade #ante emerxencias, mellorando a capacidade de resposta e a seguridade operativa.

Immersia achega así unha nova dimensión ao Business Intelligence Industrial, transformando a xestión de datos e procesos en experiencias visuais interactivas que impulsan a toma de decisións intelixentes.