FLYTHINGS
Datos de contacto
Empresa: FLYTHING TECHNOLOGIES, S.L.
Contacto: Gonzalo Blázquez
Teléfono: +34 690 372 664
Email: gonzalobg@flythings.es
Web: www.flythings.io
LinkedIn: www.linkedin.com/company/flythings-iot
Descrición do proxecto
Flythings é unha plataforma de software que facilita a implantación do Internet das Cousas (IoT) en contornas industriais. O seu obxectivo é optimizar a xestión de instalacións e procesos mediante a adquisición, análise e explotación de grandes volumes de datos en tempo real, así como mediante o control remoto de equipos e sistemas.
O proxecto desenvólvese en dúas fases:
1. Consolidación e expansión comercial do módulo de eficiencia enerxética, que xa está operativo e permite monitorizar e xestionar consumos enerxéticos en plantas industriais.
2. Adaptación e ampliación da plataforma para o sector de automoción, incorporando módulos adicionais como loxística intelixente e mantemento preditivo, en colaboración directa cos clientes do sector.
Solución e technoloxías
Flythings emprega tecnoloxías avanzadas de conectividade, análise de datos e automatización industrial para ofrecer unha plataforma IoT que optimiza os procesos na industria:
• Monitorización e control en tempo real: Adquisición e supervisión de parámetros crave de instalacións industriais, con capacidade de actuar de maneira remota sobre equipos e procesos.
• Módulo de eficiencia enerxética: Permite xestionar e optimizar o consumo enerxético en plantas industriais, detectando anomalías, reducindo custos e mellorando a sustentabilidade.
• Loxística intelixente (en desenvolvemento): Optimización do fluxo de materiais e a xestión de inventarios mediante a interconexión de sistemas e a monitorización en tempo real.
• Mantemento preditivo (en desenvolvemento): Aplicación de algoritmos de análise preditiva para anticiparse a fallos nos equipos, reducindo tempos de inactividade e custos de mantemento.
• Plataforma multiindustria e flexible: Arquitectura deseñada para adaptarse a distintos sectores, con especial enfoque na industria de automoción.
• Uso de estándares globais: Garante a interoperabilidade con sistemas existentes e facilita a integración con maquinaria e software industrial.
Innovación achegada
Flythings impulsa a transformación dixital no sector industrial mediante a creación de redes intelixentes interconectadas que integran máquinas, procesos e sistemas en tempo real. As súas principais achegas son:
• Optimización enerxética: O módulo de eficiencia enerxética permite reducir custos operativos e avanzar cara a modelos de produción máis sostibles.
• Toma de decisións informada: Grazas á análise en tempo real, os responsables de planta poden actuar con rapidez #ante incidencias e axustar a produción segundo as necesidades do momento.
• Flexibilidade e escalabilidade: A plataforma adáptase a diferentes contornas industriais, o que permite ás empresas crecer e incorporar novas funcionalidades segundo as súas necesidades.
• Cara á Industria 4.0: A interconexión e automatización de procesos facilita a transición cara a fábricas intelixentes, optimizando tanto a produción como a loxística e o mantemento.
Flythings posiciónase como unha ferramenta clave para empresas que buscan aproveitar o potencial do IoT industrial e avanzar cara a unha xestión máis eficiente, automatizada e sostible.