DIM EV REPAIR
Datos de contacto
Empresa: DIM FORMACIÓN MECÁNICA, S.L.
Contacto: Belén López
Teléfono: +34 699 706 921
Email: info@dimformacionmecanica.com
Web: www.dimevrepair.com
Descrición do proxecto
O proxecto DIM EV Repair ten como obxectivo introducir un modelo de abanderamento de talleres multimarca especializados na reparación de vehículos eléctricos, cun enfoque particular na verificación e reparación de baterías. A ferramenta clave deste modelo é un equipo especializado para avaliar o estado de saúde (SOH) dos packs de baterías, desenvolto previamente. Este dispositivo permite aos talleres identificar con precisión as celas defectuosas dentro dos módulos das baterías e substituír só as que realmente o necesiten, evitando o desperdicio de baterías completas.
Esta solución non só reduce os custos operativos para os talleres, senón que tamén minimiza o impacto ambiental asociado ao refugallo de baterías enteiras. A través deste modelo de abanderamiento, os talleres posiciónanse como referentes na adopción de tecnoloxías avanzadas, adaptándose ás novas demandas do mercado e contribuíndo ao desenvolvemento de solucións innovadoras na reparación de vehículos eléctricos.
Solución e tecnoloxías
O proxecto implementa un equipo avanzado de verificación do estado de saúde (SOH) de baterías de vehículos eléctricos, deseñado para identificar e substituír celas defectuosas, evitando o descarte de baterías completas. Integrado no modelo de abanderamento de talleres multimarca, este equipo, xunto con formación especializada, optimiza os procesos de reparación, reducindo custos e adaptando os talleres ás demandas da mobilidade eléctrica.
Innovación achegada
O proxecto combina a implementación dun equipo avanzado para verificar o estado de saúde (SOH) das baterías coa creación dun modelo de abanderamento de talleres mulmarca especializados. Este modelo estandariza os procesos de reparación, promove a adopción de novas tecnoloxías e capacita aos talleres para diagnoscar e substuír celas defectuosas de maneira precisa. Así, redúcese o desperdicio de baterías completas, minimizando custos e impacto ambiental, mentres se impulsa a profesionalización do sector e a súa adaptación ás demandas da mobilidade eléctrica.