CABLERÍAS BB
Datos de contacto
Empresa: CABLERÍAS BB ENERGY, S.L.
Contacto: Ángel Castro
Teléfono: +34 986 214 864
Descrición do proxecto
Cablerías BB Energy desenvolve unha innovadora arquitectura eléctrica de potencia optimizada para vehículos eléctricos. O seu obxectivo é mellorar a eficiencia, a seguridade e a integración dos sistemas de distribución eléctrica nos novos sistemas de tracción dos vehículos eléctricos.
O proxecto céntrase no deseño e produción de mazos de cables de potencia conformados, adaptados ás necesidades específicas dos sistemas de baterías e os compoñentes eléctricos destes vehículos, contribuíndo así á evolución cara a unha mobilidade máis sostible.
Solución e tecnoloxías
Cablerías BB Energy aposta pola innovación no deseño e fabricación de sistemas eléctricos para vehículos eléctricos, empregando as seguintes solucións e tecnoloxías:
• Condutores planos de materiais avanzados: Incorporación de cables de sección plana, máis lixeiros e flexibles, que facilitan a súa integración en espazos reducidos e optimizan o peso e o rendemento do vehículo.
• Deseño conformado e a medida: Os mazos adáptanse á xeometría e ao percorrido específico do sistema de baterías (battery pack system) e dos demais compoñentes eléctricos do vehículo, mellorando a eficiencia na instalación e a distribución de potencia.
• Arquitectura de distribución eléctrica optimizada: Desenvolvemento de sistemas de distribución que melloran o fluxo de enerxía e garanten a seguridade e a fiabilidade dos circuítos de alta voltaxe en vehículos eléctricos.
• Solucións de fixación e ensamblaxe personalizadas: Incorporación de elementos adaptados á estrutura e necesidades do vehículo eléctrico, facilitando a montaxe e garantindo unha fixación segura e duradeira.
Innovación achegada
Cablerías BB Energy introduce solucións pioneiras no desenvolvemento de sistemas eléctricos adaptados aos vehículos eléctricos:
• Redución de peso e optimización do espazo: Os condutores planos e o deseño conformado permiten reducir o peso total do sistema eléctrico e aproveitar mellor o espazo dispoñible no vehículo.
• Maior eficiencia enerxética: A optimización do routing e a distribución de potencia mellora a transmisión de enerxía, reducindo as perdas e aumentando a autonomía do vehículo eléctrico.
• Adaptabilidade e personalización: A capacidade de deseñar e implementar solucións adaptadas a cada vehículo permite responder as necesidades específicas dos fabricantes de automoción, facilitando a integración de novas plataformas eléctricas.
Esta proposta posiciona a Cablerías BB Energy como un referente no desenvolvemento de solucións eléctricas innovadoras, contribuíndo á transición cara á mobilidade eléctrica e ao avance do sector de automoción cara a sistemas máis eficientes e sostibles.