BFA – Business Factory Auto

AUSTRIK AI

Datos de contacto:

Empresa: BESTEIRO INGENIERÍA S.L.

Contacto: José Luis Besteiro

Teléfono: +34 664 476 377

Email: info@besting.es

Web: www.besting.es

Descrición del proxecto:

AUTRISK AI é unha plataforma dixital orientada a mellorar a identificación, análise e xestión de incidencias operativas e riscos en contornas industriais altamente automatizadas, especialmente no sector da automoción. Nas plantas con robots industriais, liñas automatizadas, sistemas de transporte de pezas e maquinaria especializada, moitas situacións de risco non se detectan na fase de deseño ou avaliación inicial, senón durante a operación diaria.

O proxecto permite que operarios, técnicos de mantemento ou responsables de produción rexistren anomalías, incidencias ou condicións potencialmente perigosas directamente desde a planta, evitando que este coñecemento operativo se perda ou quede en comunicacións informais. A solución converte esas observacións en información estruturada útil para produción, mantemento, enxeñaría e seguridade industrial.

Solución e tecnoloxías:

A solución combina unha interface sinxela para o rexistro de incidencias mediante móbil, tableta ou ordenador, modelos de intelixencia artificial para interpretar a información introducida e criterios técnicos estandarizados de seguridade industrial para clasificar e priorizar riscos.

A partir de cada incidencia, a plataforma identifica o tipo de risco asociado, estima un nivel preliminar, organiza a información e pona á disposición dos responsables técnicos. O seu desenvolvemento apóiase no coñecemento experto de Besteiro Ingeniería en seguridade de máquinas, normativa industrial, marcado CE, adecuación de equipos e avaliación de riscos en plantas de automoción.

Innovación achegada:

AUTRISK AI innova ó conectar tres elementos que habitualmente funcionan por separado: a captura directa de incidencias en pranta, a intelixencia artificial aplicada á análise operativa e a metodoloxía técnica de seguridade industrial. O seu principal valor diferencial reside en transformar o coñecemento tácito dos operarios en riscos estruturados e priorizados, reducindo a subxectividade na avaliación e acelerando a toma de decisións.

Ademais, democratiza a detección temperá de riscos, xa que calquera traballador pode achegar información relevante sen necesidade de ser experto en prevención, mentres a plataforma aplica criterios homoxéneos e trazables.