BFA – Business Factory Auto

4I

DATOS DE CONTACTO

Empresa: DIVIVO FOR INDUSTRY, S.L.

Contacto: Adolfo Barallobre

Teléfono: +34 660 000 366

Email: a.barallobre@4i.ai

Web: www.4i.ai/divivo-engine

LinkedIn: www.linkedin.com/company/4i-ai

X: www.x.com/4idotai

Descrición do proxecto

DIVIVO é un asistente intelixente deseñado para a industria que permite crear aplicacións baseadas na interacción con maquinaria, robots e sistemas de información mediante a voz. Os seus casos de uso abarcan desde procesos de inspección e mantemento ata control de calidade en liñas de produción.

Solución e tecnoloxías

DIVIVO ofrece unha plataforma baseada nun motor de diálogo multimodal e multidioma, que permite aos operarios traballar de forma guiada e compartir información relevante en tempo real. A tecnoloxía libera as mans do operador e o seu foco visual, reducindo o risco de accidentes e mellorando a produtividade.

Innovación achegada

DIVIVO asegura a privacidade ao operar en execución local, e permite mellorar a producvtidade ao guiar aos operarios en tempo real mediante instrucións visuais e de voz, optimizando a execución de tarefas repetitivas e minimizando os riscos asociados.