PROMOTORES
Sobre BFA
>> Promotores
Un compromiso conxunto para impulsar a transformación industrial
O Business Factory Auto & Mobility (BFA) é unha iniciativa estratéxica do ecosistema industrial galego orientada a acelerar a incorporación de novas tecnoloxías en automoción e mobilidade.
A súa fortaleza reside nun modelo de colaboración público-privada que conecta industria, financiamento e coñecemento para impulsar proxectos con aplicación real, favorecer a diversificación empresarial e reforzar a competitividade do sector.
As entidades promotoras achegan visión estratéxica, respaldo institucional e capacidade de execución, garantindo a coherencia do programa coas necesidades actuais e futuras da industria.
Entidades promotoras
O BFA conta co respaldo de seis entidades clave: Xunta de Galicia – a través de Igape e Xesgalicia -, Fundación CEAGA, Stellantis, Consorcio da Zona Franca de Vigo e Vigo Activo.
Todas elas participan activamente no financiamento, validación e seguimento dos proxectos, asegurando o seu encaixe industrial e a súa viabilidade empresarial.
A estrutura do programa articúlase en tres niveis:
- Presidencia, con representación institucional e empresarial.
- Comité Executivo, responsable da selección estratéxica e a supervisión dos proxectos.
- Equipo Xestor, liderado por CEAGA, encargado do acompañamento operativo e do seguimento continuo das iniciativas.