BFA – Business Factory Auto

12 de Maio de 2026

En maio arrincou unha nova edición da aceleradora Business Factory Auto & Mobility con 14 novas startups (7 na fase de aceleración e outras 7 en consolidación) que xa traballan para implementar o desenvolvemento de solucións innovadoras que contribúan a transformar a automoción e a mobilidade do futuro.

Os proxectos seleccionados destacan polo seu carácter innovador e pola súa capacidade para responder aos principais retos do sector, desde a dixitalización industrial e a intelixencia artificial ata a mobilidade sostible, a conectividade ou as novas solucións de fabricación avanzada.

Durante os próximos meses, as startups terán acceso a un completo itinerario de acompañamento que combina formación especializada, titorización, apoio ao desenvolvemento de negocio e conexión directa con empresas tractoras do ecosistema galego de automoción e mobilidade.

Como novidade, nesta novena edición os participantes teñen a oportunidade de participar no programa “Liderazgo en emprendemento innovador” a través de alianza con TeamLabs/Laboratorio de Aprendizaxe de Mondragón Unibertsitatea.

As startups que xa comezaron a súa actividade nesta edición son:

Fase de aceleración:

  • AUTRISK AI: Plataforma de IA que captura incidencias operativas para mellorar a toma de decisións.
  • KINERGY: Sistemas modulares de hidróxeno para mobilidade industrial que substitúen baterías.
  • MACCO Robotics: Robots humanoides con visión artificial.
  • MATIAS: Plataforma de IA que analiza planos e 3Ds.
  • NMOTION Industrial: Sistema wearable que dixitaliza o movemento do operario para analizar ergonomía.
  • VIRA: Plataforma de axentes de IA que transforma coñecemento experto en soporte de decisión para calidade, auditoría e xestión industrial.
  • WELDWELL: Solución para soldadura por puntos que integra medición en planta, IA e control do proceso.

Fase de consolidación:

  • ASM2 Auto: Plataforma de IA que centraliza e estrutura o coñecemento corporativo para automatizar consultas e toma de decisións.
  • MAPPA: Sistema operativo para a industria que converte a pegada de carbono de informe anual a decisión operativa diaria.
  • SICHock Calzo Inteligente: Dispositivo IoT que detecta a inmobilización do camión en peiraos de carga e automatiza operacións.
  • SVH: Plataforma de realidade estendida con IA que asiste ao operario industrial en formación, execución e control de tarefas.
  • TADIA Visión Inteligente: Sistema de visión artificial baseado en IA que detecta defectos en produción en tempo real.
  • TRAZA: Plataforma de IA que desprega axentes autónomos para automatizar procesos de compras e supply chain.
  • VOAR Motos: Motocicleta eléctrica adaptada de tres rodas que permite a persoas con mobilidade reducida conducir de forma autónoma.