BFA – Business Factory Auto

16 de Outubro de 2025

300 directivos do ecosistema de automoción e mobilidade de Galicia participaron na primeira edición de MIG2025 – Mobility Innovation Galicia, organizado por CEAGA o pasado 14 de outubro para impulsar a innovación como motor de competitividade e a unión do sector.

Durante a xornada os asistentes puideron coñecer de primeira man as solucións tecnolóxicas máis avanzadas desenvolvidas en Galicia no Demo Experience, un espazo no que as startups do BFA e diversas empresas tecnolóxicas do Clúster de Automoción e Movilidad mostraron os seus proxectos innovadores. Tamén se realizaron máis de 100 encontros B2B e actividades de networking, orientadas a fortalecer alianzas estratéxicas e promover proxectos colaborativos de alto valor.

Ademais, o programa de MIG2025 incluíu un destacado panel de relatorios, entre as que destacaron a participación de Pedro Pacheco (Gartner), Anne Laliron (Stellantis), ou Pedro Alberto Gómez (PwC), que compartiron as súas visións sobre as tendencias crave que están a definir o futuro da industria.

O evento foi clausurado por José Luis Alonso Mosquera, Director de Stellantis Vigo; Patricia Moreira, Presidenta de CEAGA; e María Jesús Lorenzana Somoza, Conselleira de Economía e Industria, cuxa participación puxo de relevo a importancia da colaboración público-privada para avanzar xuntos na transformación do sector.