Instalacións principais no Área portuaria de Bouzas s/n, Vigo moi perto de CEAGA e de Stellantis no centro de Vigo. O espazo pon a disposición dos emprendedores todo o necesario para o desenvolvemento e actividades diarias dos seus negocios: espazo coworking para os proxectos en aceleración, oficinas en espacio viveiro para as empresas en consolidación, salas de reunións e de formación, espazo comedor, etc.
Contacto directo co sector automoción
Liderado por CEAGA e coa participación directa de Stellantis como un dos promotores. Cóntase tamén co apoio de empresas do sector automoción con presencia tanto a nivel rexional como internacional que podan facilitar o acceso a novos mercados, contactos con outras empresas do Sector e asesoramento na validación da proposta de valor-modelo de negocio, etc.
Ata 375.000 € por proxecto:
- Ata 125.000 € na fase de aceleración, suma dunha subvención a fondo perdido de 25.000 € concedida por GAIN e dous empréstitos participativos e/o uparticipación en capital de ata 50.000 € concedidos por Vigo Activo e Xesgalicia.
- Ata 250.000 € na fase de consolidación a través dun empréstito participativo e/ou participación en capital concedido por Xesgalicia.
O programa de capacitación conta con sesións de tutorización, mentorización e formación realizadas por profesionais do sector de automoción e otros ámbitos de coñecemento. A metodoloxía e organización das sesións, de carácter individual e grupal, están orientadas a impulsar o desenvolvemento dos proxectos participantes, aumentar a sua competitividade no mercado e mellorar as capacidades dos integrantes dos seus equipos.
Os participantes contan co apoio e consello do Equipo Xestor (liderado por CEAGA) que, composto por profesionais do sector de automoción e emprendimiento, orientan aos participantes durante tódalas fases da iniciativa, desde a fase de convocatoria, pasando por todo o proceso de selección e o programa de aceleración e consolidación.