Bases do programa

3ª Edición

Podes descargar as bases do programa en formato PDF.

Descargar PDF

BFA é unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado (Xesgalicia); o Consorcio da Zona Franca de Vigo (CZFV) Vigo Activo Sociedad de Capital Riesgo (VIGO ACTIVO), a Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA), e o GROUPE PSA. O seu obxectivo é a aceleración e consolidación de proxectos especializados en automoción e a súa transformación en empresas innovadoras, viables e escalables que atraian e reteñan talento; contribuíndo así a fortalecer a posición do sector e a incrementar a súa proxección internacional.

Coa visión de converterse nun referente na promoción da innovación aberta e rupturista do sector automoción, desprégase en tres eixos estratéxicos centrados na promoción da cultura emprendedora, o desenvolvemento dun ecosistema de innovación aberta, e o fomento do tecido empresarial. Para iso conta co liderado da industria e o apoio dos axentes necesarios para consolidar un ecosistema de innovación no sector automoción en Galicia.

As bases que aquí se despregan teñen como obxecto establecer os termos e condicións da primeira convocatoria do programa e informar sobre as características do mesmo.

Aspectos diferenciais de BFA

Recursos postos a disposición dos proxectos

Espazo coworking BFA

Os proxectos participantes poderán situarse nas instalacións que o BFA pon á súa disposición. Este espazo de coworking favorece a creación dun ambiente propicio para o bo desenvolvemento do proxecto. Existen tamén salas individuais a disposición de todos os proxectos para celebrar reunións individuais.

Formación BFA

O programa Business Factory Auto conta con sesións formativas nas cales os membros dos proxectos poderán empaparse de todo o necesario sobre a cultura do sector auto. A formación será impartida por expertos independentes con experiencia contrastada no sector do automóbil, os cales tratarán de guiar ao teu equipo e ao teu proxecto á obtención dos resultados desexados coa aplicación dos seus coñecementos.

Titorización e mentoring

Cada proxecto contará co apoio dun titor relacionado co sector automoción, a través do cal se canalizará a interlocución e a asistencia de BFA. Ademais, terás acceso a mentores con experiencia relevante para axudarche coa orientación do proxecto.

Networking

Compartir espazo en coworking BFA con outros emprendedores, titores e formadores independentes contribúe a crear unha vibrante atmosfera de intercambio de coñecementos e colaboracións conxuntas. BFA organiza eventos e mitins onde coñecerás profesionais con moito que achegar ao teu proxecto.

Financiamento

Dende BFA ofrecese unha financiación moi vantaxosa para os proxectos.

Contacto directo co Sector Automoción de Galicia

Business Factory Auto é a porta de entrada á industria do automóbil. A participación no programa poderá axudar á túa empresa/proxecto a desenvolverse e darlle unha maior visibilidade para poder chegar aos OEM e TIER do sector. BFA é unha ferramenta onde o teu proxecto permanece en contacto con outros proxectos relacionados co sector auto de Galicia.

Recursos BFA

Fases do Programa

Fases do programa BFA

Calendario

O prazo de inscrición ou fase de convocatoria comezará desde a publicación da apertura da convocatoria na web de BFA e terá unha duración de ata 3 meses. Só serán avaliables no programa as inscricións de proxectos que se reciban dentro do prazo establecido e a través do medio habilitado para iso (Web BFA).

No momento de finalización do prazo de inscrición comezará a fase de avaliación de proxectos e selección, tamén cunha duración máxima de 2 meses.

Antes de iniciar a fase de aceleración ou consolidación disporase dun prazo de aproximadamente 1 mes para a aportación de documentación, a firma de contratos e outras actividades previas (constitución da sociedade, traslado da sociedade e do equipo, etc.).

A continuación, aqueles proxectos que resulten seleccionados para a fase de aceleración e a fase de consolidación comenzarán os seus correspondentes programas.

Os prazos e datas definitivos serán publicados na web de BFA.

Condicións de financiamento

O financiamento proposto pola organización será unha combinación das seguintes modalidades:

Na fase de Aceleración

Na fase de consolidación

O prazo máximo para presentar a solicitude de financiamento a Xesgalicia a través do programa BFA será de 6 meses desde o inicio da fase de consolidación. O financiamento aportado neste programa é compatible con outras axudas de outra administración pública, organismo ou ente público ou privado, nacional ou internacional, sen que en ningún caso, illadas ou en concorrencia con outras subvenciones, axudas, ingresos ou recursos superen o coste da actividade financiada ou os límites máximos de financiamento pública.

No caso de que o proxecto xa tivera financiamento previo por parte de GAIN ou XESGALICIA, o financiamento no marco da iniciativa BFA terá que ser aprobada polo Comité Executivo.

No caso de abandonar, non cumprir co establecido no programa de aceleración/consolidación ou que o informe do titor/mentor sexa desfavorable sobre o desenvolvemento do proxecto, dará dereito a XesGalicia e/ou Vigo Activo a non realizar os desembolsos pendentes, así como a resolver o préstamo sempre que se infira en dito informe unha evolución negativa do desenvolvemento do proxecto nos termos presentados a XesGalicia e/ou Vigo Activo e que serviron de base para a concesión do presente financiamento.

Criterios de elixibilidade dos proxectos

Criterios de avaliación

Nas candidaturas recibidas valoraranse principalmente o equipo e o proxecto. Terán un peso do 60% e 40% respectivamente no caso de proxectos seed que opten á fase de aceleración e un 40% equipo e 60% proxecto no caso de proxectos early stage para a fase de consolidación. En concreto, teranse en conta os seguintes aspectos.

Aceleración Consolidación
Criterios de avaliación do equipo 60% 40%
Competencias, coñecemento e experiencia no sector automoción ou área de aplicación do proxecto
Adecuación e complementariedade da formación e experiencia do equipo ás necesidades do proxecto
Compromiso, motivación e dedicación do equipo emprendedor
Risco asumido pola entidade promotora/equipo promotor
Criterios de avaliación do proxecto 40% 60%
Grado de innovación, entendido como a base científica, tecnolóxica ou de coñecemento na que se apoia, así como a capacidade dos atributos diferenciais que incorpora a proposta de valor para ser gañadores.
Grado de acelerabilidade ou capacidade para desenvolver un produto mínimo viable (PMV) no transcurso do Programa e executar o proxecto.
Grado de escalabilidade ou potencial de crecemento e de xeración de economías de escala.
Capacidade para consolidarse no mercado e xerar ingresos recorrentes.
Encadre con algunha das temáticas identificadas como de especial interese (Anexo IV).

No caso de spin-outs/spin-offs asegurarase o compromiso da empresa/s e/ou universidade/centro tecnolóxico co proxecto e o equipo.

Requisitos mínimos

Compromisos xerais

Os compromisos aos que se adhiren os proxectos, de forma xeral, serán os seguintes:

Exixencias aos proxectos no transcurso das fases de aceleración e consolidación

Incompatibilidades

Non poderán presentar proxectos:

Posto que ao longo das diferentes fases do Programa levarase a cabo intercambio de información é importante deixar claro o uso da mesma e as responsabilidades que o rodean.

Aceptación das Bases

A participación na Convocatoria supón a aceptación destas Bases, sen excepcións nin condicionantes, así como calquera resolución que se puidese producir.

No caso de constatarse durante o desenvolvemento do Programa que algún membro de calquera dos equipos participantes non cumpre os compromisos asinados na Declaración Xurada, o Comité Executivo resérvase o dereito para esixir o cumprimento dos mesmos, e de non ser así, procederase á exclusión da candidatura.

Neste sentido, os proxectos estarán sometidos a unha avaliación continua ao longo de todas as fases do Programa, polo que todos aqueles que non cumpran cos requisitos, obrigacións e fitos establecidos poderán ser excluídos do mesmo e, en consecuencia, perder os beneficios que deste se deriven previo informe motivado do Comité Executivo do Programa.

Así mesmo, BFA resérvase o dereito de cancelar, modificar ou suspender calquera aspecto ou criterio do proceso de convocatoria e selección.

O compromiso asumido pola aceptación destas Bases terá efecto a partir da aceptación das mesmas, e permanecerá en vigor ata cinco anos despois da finalización da convocatoria na que foran aceptadas.

Responsabilidade

Os solicitantes serán responsables de todos os prexuízos, directos ou indirectos, que sexan causados ou poidan ser causados pola infracción destas bases, exonerando aos responsables do Programa de toda responsabilidade ao respecto, en ningunha excepción.

Nestes termos, os solicitantes serán responsables da infracción de dereitos de terceiros durante a súa participación no Programa desta convocatoria e deberán indemnizar ás terceiras partes afectadas e, no seu caso, aos responsables do programa por calquera dano ou prexuízo causado e reclamado xudicial ou extraxudicialmente, incluíndo expresamente os honorarios dos profesionais intervenientes nos procedementos, polo incumprimento das obrigacións descritas nestas bases.

Propiedade Intelectual

Dispoñer, se procede, da propiedade intelectual da idea/proxecto presentado, ou dispoñer dos permisos correspondentes para o seu uso é un requisito mínimo fixado nos termos e condicións.

Cada solicitante garante que o contido da súa presentación é da súa creación orixinal e non infrinxe ningún dereito, incluíndo os dereitos de propiedade intelectual de terceiros e que o contido non é ilegal, nin se creou no incumprimento de calquera obrigación contractual cun terceiro.

A información proporcionada polo solicitante debe ser correcta, veraz e completa, asumindo o solicitante plena responsabilidade por calquera inexactitude. Pola contra, BFA terá dereito, sen prexuízo de calquera outros medios legais, a retirar, rexeitar ou suspender os dereitos outorgados ao solicitante nestas bases.

O participante autoriza expresamente a que os responsables do programa poidan utilizar o seu nome e imaxe en material publicitario relativo a esta Convocatoria, sen ningunha contraprestación. Remitindo a súa solicitude, o participante asume que a remisión do documento de solicitude confirma o carácter voluntario da mesma.

O solicitante acepta que os responsables do Programa adopten as decisións relativas á convocatoria así como a selección definitiva de proxectos do programa. O solicitante recoñece que, aínda que o seu proxecto sexa seleccionado, os responsables do Programa non están obrigados a desenvolver o programa completamente.

Revelación de información

Os participantes consenten a utilización dos datos básicos do proxecto durante os procesos de avaliación contemplados nas Bases.

Así mesmo, a aceptación destas Bases autoriza ás entidades promotoras á utilización do logotipo, nome do proxecto, ou calquera outro tipo de soporte audiovisual desenvolvido ou gravado no transcurso do Programa, en todas aquelas actividades de difusión e comunicación que consideren oportunas, con independencia do medio ou formato utilizado.

O contido de todas as ideas e proxectos presentados a esta convocatoria, e todos os datos e informacións de calquera tipo proporcionada polo solicitante serán tratadas como confidencial por BFA, que se compromete a non utilizala para fins distintos dos que xorden deste documento.

Comunicacións

Todas as notificacións relativas ao desenvolvemento do Programa serán publicadas na web de BFA (www.bfauto.es) e estarán dispoñibles para a súa consulta nas oficinas de CEAGA, en Vigo. Calquera outra notificación de tipo individual será comunicada a través do correo electrónico ou número de teléfono empregado na inscrición do proxecto na web, ou naquel que con posterioridade sexa facilitado polo promotor principal do proxecto para a devandita finalidade.

Protección de datos persoais

En cumprimento do disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro de Protección de Datos de carácter persoal, infórmase que os datos de carácter persoal facilitados polos participantes incorporaranse a senllos ficheiros titularidade de cada un dos promotores: Axencia Galega de Innovación con CIF Q-1500386-F; Instituto Galego de Promoción Económica con CIF Q-6550010-J; Xesgalicia S.G.E.I.C., S.A.U. con CIF A-15.674.203; Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia con CIF G-36.983.575; Peugeot Citroën Automóbiles España, S.A. con CIF A-36.602.837; Consorcio Zona Franca de Vigo con NIF V-36.611.580; Vigo Activo Sociedad Capital de Riesgo, S.A. con CIF A- 36.759.231.

Os promotores levarán a cabo un tratamento dos devanditos datos a fin, exclusivamente, de avaliar e valorar os proxectos presentados, de xestionar a participación no Programa e de difundilo e facer promoción pública do mesmo. Os promotores non recollerán, utilizarán ou revelarán información persoal para outros propósitos que non sexan os descritos anteriormente, a non ser que os participantes dean o seu consentimento ou haxa algunha obrigación legal.

Os participantes dan por tanto o seu consentimento para que tanto as imaxes gravadas no transcurso do Programa, así como os seus datos persoais, fáganse públicos a través dos medios que os promotores consideren convenientes. Os participantes comprométense a dispoñer previamente das autorizacións necesarias segundo a Lei no caso de que faciliten datos de terceiras persoas, exonerando os promotores de BFA e aos seus representantes de toda responsabilidade no caso de reclamación por parte dun terceiro.

Os participantes poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na Lei, dirixíndose, por calquera medio que permita acreditar o envío e a recepción, respectivamente, á Axencia Galega de Innovación, Rúa Airas Nunes s/n, Conxo, 15702 Santiago de Compostela; Instituto Galego de Promoción Económica, Complexo Administrativo San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela; a Xesgalicia Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado, S.A.U., San Lázaro s/n, Edificio IGAPE, 15703 Santiago de Compostela; a Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia, Avda. Citroën, 3 e 5, Edificio Zona Franca 1ª Planta, 36210 Vigo; e Centro de Vigo do Groupe PSA, Avda. Citroën 3 e 5, 36210 Vigo. Pero a cancelación dos datos ou a oposición ás citadas cesións entenderanse como unha renuncia á participación no Programa.

Reclamacións

Para a interpretación e cumprimento destas Bases, o Comité Técnico e os participantes no Programa someteranse á aplicación das leis españolas.

Toda controversia derivada da interpretación ou execución do presente documento, será resolta directamente polas partes, para cuxo efecto estas comprométense a realizar, de boa fe, os seus maiores esforzos para a solución consensuada das súas controversias, atendendo á común intención expresada no mesmo, nun prazo máximo de quince (15) días hábiles contados a partir da data na que calquera das partes dea aviso por escrito á outra respecto de calquera reclamación, sen que a falta de resposta por parte de dita outra parte suspenda o prazo antes sinalado.

Todo litixio, controversia ou reclamación resultante deste documento ou da súa interpretación que non puidese ser resolta de acordo co establecido no apartado precedente, así como o relativo ao incumprimento, resolución ou nulidade, resolverase mediante arbitraxe. A arbitraxe levarase a cabo na cidade de Vigo. O laudo arbitral será definitivo e inapelable, renunciando a calquera recurso dispoñible contra o mesmo.

Miscelánea

Anexo I:

Regulación das condicións das subvencións a conceder por parte da Axencia Galega de Innovación aos proxectos seleccionados para a incorporación á Fase de Aceleración

O convenio de colaboración firmado entre o Instituto Galego De Promoción Económica (Igape), Axencia Galega de Innovación (Gain), XESGALICIA, Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado, S.A.U (Xesgalicia), Fundación Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA), Peugeot Citroën Automóviles España S.A, Consorcio da Zona Franca de Vigo (Consorcio), Vigo Activo Sociedad de Capital Riesgo, S.A. (Vigoactivo) para a posta en marcha dun Foco de Emprendemento no sector de automoción en Galicia (Business Factory Auto – BFA); prevé a concesión por parte de GAIN dunha axuda para aqueles proxectos que resulten seleccionados para a súa incorporación á Fase de Aceleración.

Poderán ser considerados beneficiarios empresas constituídas previo cumprimento dos requisitos indicados nos apartados 2º y 3º do artigo 8 da Ley 9/2007, de 13 de xuño, Galega de subvencións.

Importe das axudas

O importe total a conceder por parte de GAIN é dun máximo de 250.000 € por convocatoria, a repartir entre os 10 proxectos seleccionados para a súa incorporación á Fase de Aceleración.

Gasto subvencionable

A modo indicativo, consideraranse elixibles os seguintes conceptos:

Cando o importe do gasto subvencionable supere as cantidades establecidas para os contratos menores no texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro; o beneficiario deberá solicitar como mínimo 3 ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso, salvo que, polos seus especiais características, non exista no mercado suficiente número de entidades, ou salvo que o gasto realizásese con anterioridade á solicitude da subvención.

A Xunta de Galicia levará a cabo o financiamento destas axudas a través dos mecanismos previstos no ordenamento xurídico, sendo condición indispensable para a súa concesión, o cumprimento por parte dos seleccionados dos requisitos legais para ser beneficiarios.

Obrigas dos beneficiarios:

Sen prexuízo das demais obrigacións establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios das axudas concedidas quedan obrigados a:

  1. Proceder ao reintegro, da subvención recibida, no suposto de incumprimento das condicións de participación na Business Factory Auto, recollidas nestas mesmas Bases.
  2. Facilitar a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións; e someterse ás actuacións de comprobación que deban efectuar os indicados órganos relativos ao control financeiro e demais aplicables; así como as levadas a cabo polo órgano concedente; e no seu caso, ás da autoridade de xestión e, de ser o caso, aos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e entregar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores
  3. Comunicar ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos recibidos.
  4. Xustificar, nos casos nos que o importe do gasto subvencionable supere as cantidades establecidas no texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, para o contrato menor; a solicitude como mínimo de tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, prestación do servizo ou entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou fornezan, ou salvo que o gasto realizásese con anterioridade á solicitude da subvención, de acordo co establecido no apartado 3 do artigo 29 da citada Lei, na redacción dada ao mesmo pola disposición final segunda da Lei 2/2013, do 27 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013.

Réxime de Pagos

Ao amparo do previsto nos artigos 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e nos artigos 62 e 63 do Regulamento de desenvolvemento da citada Lei; poderanse realizar pagos anticipados, respondente estes a entrega de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, sendo as mesmas ao desenvolvemento dos proxectos que resulten seleccionados para a súa incorporación á Fase de Aceleración, de acordo coa seguinte distribución:

  1. Primeiro pago: poderase pagar ata un máximo dun 80% da cantidade destinada a cada un dos proxectos seleccionados, de forma anticipada e previa solicitude. Dita solicitude presentarase nas condicións indicadas neste anexo.
  2. Pago final e xustificación do mesmo: a cantidade restante destinada a cada un dos proxectos seleccionados, pagarase tras a solicitude e xustificación nas condicións recollidas neste documento. A liberación do presente pago requirirá a conformidade de GAIN e o xustificante da presentación da restante documentación. Como complemento da citada documentación, GAIN recibirá o informe do titor designado por parte do Equipo Xestor, no que se verifique e valide a adecuación dos gastos e os feitos ou actividades planificadas no desenvolvemento do Programa.

Para esta 3ª edición os convenios individuais con Gain asinaranse a principios de 2019, por tanto non se poderán imputar gastos ata a firma

Réxime de garantías:

O artigo 65 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da LSG, establece a obrigación aos beneficiarios e entidades colaboradoras, da constitución de garantías, nos casos, entre outros, nos que se prevé a posibilidade de realización de pagos anticipados.

O presente convenio establece o pago anticipado de ata un 80% da cantidade destinada ao financiamento dos proxectos, 10 como máximo, seleccionados para a súa incorporación á Fase de Aceleración.

Considerando que a finalidade que se persegue co devandito anticipo é a de dar apoio aos diferentes proxectos, facilitando a formalización ou constitución dos mesmos en empresas, e reducindo a carga económica que soporta calquera empresa de nova creación, tanto nas súas orixes, como no inicio da súa actividade; exonérase da constitución de garantía legalmente prevista, conforme á previsión recollida no artigo 67 do Regulamento da LSG, relativo á posibilidade de autorización por parte do Consello da Xunta, da exención da obrigación de constitución de garantías.

Alteración das actuacións

A necesidade de modificar as actuacións para realizar, en canto supoña alteración das condicións tidas en conta á hora da concesión, poderá dar lugar á modificación da subvención concedida. En calquera caso, só se procederá á citada modificación, tras o informe favorable do Comité Executivo.

O procedemento de aprobación de modificación das actuacións iniciarase coa solicitude por parte do interesado, na devandita solicitude deberá indicarse o alcance da modificación proposta, de tal maneira que queden claras as actuacións para modificar e o desenvolvemento do proxecto. Dita solicitude presentarase no rexistro da Axencia Galega de Innovación, o citado rexistro está na Praza de Europa, 10-A, 6ºB, CP 15707 de Santiago de Compostela.

Despois de dita solicitude, GAIN procederá a recompilar o correspondente informe favorable ou o visto e conforme do Comité Executivo.

Tras as actuacións mencionadas, GAIN aprobará, no seu caso, a modificación proposta. Que, en caso de producirse, formalizarase no correspondente documento ou adenda.

Compatibilidade con outras axudas

Estas axudas serán compatibles con outras establecidas por esta ou outra Administración Pública, organismo ou ente público ou privado, nacional ou internacional para o mesmo fin sen que, en ningún caso, illada ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos supere o custo da actividade subvencionada.

Non obstante o anteriormente indicado, as entidades cuxos proxectos fosen subvencionados e/ou financiados con anterioridade por GAIN e/ou Xesgalicia no marco de calquera outro programa de aceleración ou de financiamento, quedarán excluídas das axudas económicas a conceder previstas no presente convenio.

Réxime aplicable e reintegro

Estas axudas estarán suxeitas ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, así como a normativa básica da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións e o seu Regulamento de Desenvolvemento, aprobado por Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo.

Procederase ao reintegro parcial ou total dos fondos recibidos no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión nos termos previstos no Título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Igualmente procederá ao reintegro (total ou parcial) no caso de incumprimento e/ou mal aproveitamento da aceleración por parte dalgún dos 10 proxectos seleccionados na fase final, o que deberá reflectirse nun informe suficientemente motivado.

Estarán suxeitas igualmente ao réxime de mínimis establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigo 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas mínimis (DOUE L352/1, do 24 de decembro de 2013).

Documentación que se deberá presentar para a solicitude de abono dos pagos previstos

A documentación presentarase no rexistro da Axencia Galega de Innovación, o citado rexistro está na Praza de Europa, 10-A, 6ºB, CP 15707 de Santiago de Compostela.

Coa documentación xustificativa relacionada neste anexo, o beneficiario deberá presentar unha declaración de conxunto de axudas recibidas pola empresa en concepto de mínimis, durante os dous exercicios fiscais anteriores, e durante o exercicio fiscal en curso.

Declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes, así como dos entes privados.

  1. Documentación necesaria para o abono do primeiro pago

    O beneficiario deberá presentar a seguinte documentación:

    1. Solicitude de pago.
    2. NIF/Pasaporte.
    3. Certificación da entidade financeira relativo á titularidade da conta onde se debe realizar o pago, no que conste a razón social e NIF, así como o código internacional de conta bancaria (IBAN) ou o código internacional de identificación bancaria (BIC/SWIFT).
    4. Certificación de estar ao corrente das obrigacións tributarias estatais, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social. Ditas certificacións deberanse actualizar coa solicitude de pago final, no caso de que as mesmas non se atopasen vixentes no momento da citada solicitude.

    Esta solicitude deberá presentarse, xunto coa documentación que o acompañe, nos prazos establecidos, que estarán condicionados ás datas de cada convocatoria e que serán comunicados aos participantes ao comezo da fase de aceleración.

  2. Documentación a presentar para o pago final

    Tras a finalización das diferentes fases do Programa, e antes do 1 de novembro de 2016, o beneficiario deberá presentar para o pago da cantidade prevista na cláusula terceira, relativo ao financiamento de actividades relacionadas coa execución de proxectos seleccionados para a súa incorporación á Fase de Aceleración, a seguinte documentación:

    1. Solicitude de pago.
    2. NIF/Pasaporte (no caso de que o solicitante sexa diferente).
    3. Certificacións de estar ao corrente das obrigacións tributarias estatais, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social, no caso de que as presentadas no momento da solicitude de pago do anticipo non se atopasen vixentes.
    4. No caso de estar exento do IVE, documentación acreditativa da devandita exención.
    5. Carta de pago á que fai referencia o artigo 48.2 g) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de Subvencións de Galicia, relativa ao reintegro de remanentes non aplicados, así como aos intereses derivados destes; esixible nos casos nos que se prevé a posibilidade de concesión de anticipos.
    6. Memoria xustificativa de actuacións: xustificarase o cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, indicando actividades realizadas e obxectivos conseguidos. O beneficiario poderá presentar calquera outra documentación ou material que considere necesario presentar para unha mellor xustificación das actuacións subvencionadas. Dita memoria xustificará tanto as actuacións levadas a cabo con cargo ao anticipo cobrado, como as relativas ao cobro da cantidade restante.
    7. Memoria económica xustificativa: xustificarase o custo das actividades realizadas, mediante:
      1. Relación clasificada dos gastos e investimentos na posta en marcha do proxecto, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, data de emisión e no seu caso, data de pago.
      2. Xustificación dos gastos realizados: orixinais ou copias compulsadas das facturas e dos documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa incorporados na relación á que se fai referencia no parágrafo anterior emitidas dentro da anualidade a que corresponda na respectiva convocatoria.
      3. Xustificación dos pagos efectuados: transferencia bancaria, certificación bancaria orixinal ou extracto de pago. Nestes documentos deberá quedar claramente identificados o receptor, o emisor e o concepto do pago. Non se admitirán pagos en efectivo.

    A presentación da documentación requirida deberá realizarse nos prazos establecidos por GAIN.

Subcontratación

En relación coa posibilidade de subcontratación, os beneficiarios deberán presentar unha declaración expresa de que as persoas ou entidades contratadas e/ou subcontratadas para as actividades subvencionadas non están vinculadas con el, de conformidade co artigo 27.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no seu Regulamento.

Anexo II:

Documentación a presentar a Vigo Activo para o financiamento de cada un dos proxectos na Fase de Aceleración

Documentación do plan de negocio que conteña:

Documentación financeira

Documentación xurídica

Non se poderá utilizar o nome de Vigo Activo para outros financiamentos que se poidan solicitar para o proxecto, salvo que isto sexa expresamente autorizado por Vigo Activo, quedando esta eximida, en todo caso, das consecuencias que teña o non financiamento do proxecto, calquera que sexa a causa.

Anexo III:

Documentación a presentar a Xesgalicia para o financiamento de cada un dos proxectos na Fase de Aceleración ou Consolidación

1) Identificación da/s persoa/s de contacto.

2) Plan de negocio:

3) Documentación financeira:

4) Documentación xurídica:

Documentación relativa á prevención do branqueo de capitais (PBLAC):

Poderase solicitar toda documentación ou información necesaria para o coñecemento e correcta comprensión do plan de negocio ou da situación económica legal da empresa.

A documentación do plan de negocio deberá presentarse en galego ou en castelán, os importes en euros e deberá estar asinada polo representante legal da empresa.

A documentación financeira e xurídica en caso de non estar en galego ou castelán deberá presentarse traducida por un intérprete xurado.

Non se poderá utilizar o nome de Xesgalicia para outros financiamentos que se poidan solicitar para o proxecto, salvo que isto sexa expresamente autorizado por Xesgalicia, quedando esta eximida, en todo caso, das consecuencias que teña o non financiamento do proxecto, calquera que sexa a causa.

Anexo IV:

Temáticas principales BFA

Temáticas de especial interese para esta terceira convocatoria de Business Factory Auto:

  1. Solucións de sensorización completa para instalacións antigas, mediante sensorización de baixo custo e personalizada a cada empresa, con Arduino ou similar.
  2. Solucións de robotización Pick and Place de baixo custo, flexible, con identificación de compoñentes e solucións de robotización Plug & Play mediante garras polivalentes, robotización de fácil integración, flexible e facilmente configurable.
  3. Solucións de monitoraxe en tempo real, mediante a interconexión de máquinas (robots, soldadoras, atornilladoras ou outra tipoloxía de máquinas) e mapeo da fábrica, con visión en tempo real dos problemas, emitindo as alarmas correspondentes, para traballar en preventivo.
  4. Automatización na detección de defectos (defectos de aspecto, control xeométrico, control de planitud, control de presenza de compoñentes, etc.) mediante sistemas de visión artificial intelixente, con sistemas de auto aprendizaxe, auto corrección, auto regulación en sistemas de iluminación que, ademais de observar o que está a suceder, poidan adaptar os seus patróns de visión ás diferentes condicións de iluminación ou contorna.
  5. Implantación de sistemas automatizados para o movemento de materiais (en almacén, desde almacén ás liñas de produción, alimentación a liñas/postos, etc.).
  6. Big Data. Integración dos sistemas de información e infraestrutura necesaria desde a captación do dato, tratamento e robustez dos datos, ata a toma de decisións.
  7. Solucións de realidade aumentada/virtual para procesos de interacción con máquinas (acceso plano máquinas), con instalacións (eléctrica, neumática, etc.) ou procesos de formación ( PRL, métodos de traballo, etc.).
  8. Propostas para a tecnoloxía de baterías de estado sólido orientadas ao vehículo eléctrico.
  9. Solucións de intelixencia artificial para o vehículo autónomo nas áreas de seguridade dos algoritmos, que utilizan redes neuronais para tarefas de condución automatizadas e de novos conceptos de redes neuronais para unha concepción funcional avanzada ( Spiking, FPGA, etc.).
  10. Solucións de intelixencia artificial para asistentes persoais que melloren o uso do automóbil incluíndo a materialización desta asistencia (avatares holográficos).
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar análisis de uso e de medición da nosa web para mellorar os nosos servizos. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.