Tres empresas do BFA entre as mellores startups elixidas polo Grupo PSA a nivel mundial

28
Xullo
2017

As empresas Efitrans Efficient Logistics, Enxeñería e Control Merasys e Situm Technologies foron elixidas polo Grupo PSA entre as vinte mellores startups que participarán, o próximo 20 de setembro, no Booster Day do Grupo, que se celebrará no Foro Armand Peugeot de Poissy (Francia). O resto de compañías seleccionadas, 15 son francesas e 2 de Alemaña. 

O Booster Day é un importante evento, organizado polo Grupo PSA a nivel mundial coa finalidade de acelerar o desenvolvemento de innovacións na fabricación para a Fábrica do Futuro. Neste acto participarán 500 técnicos de PSA e máis de 50 provedores e partners, presentaranse máis de 25 demostradores tecnolóxicos, conferencias, proxectos colaborativos de investigación e startups.

As tres compañías seleccionadas, participantes nesta primeira edición da iniciativa Business Factory Auto (BFA), terán a oportunidade de coñecer a diferentes expertos e entrar no ecosistema de innovación do grupo automobilístico, ademáis de dispoñer do seu propio estand para exhibir as súas solucións innovadoras.

Con este tipo de recoñecementos internacionais queda patente a gran calidade dos proxectos participantes no BFA, que son un referente de innovación e completan a cadea de valor do Sector de Automoción de Galicia.

Tres empresas do BFA entre as mellores startups elixidas polo Grupo PSA a nivel mundial
Volver ao listado de novas
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar análisis de uso e de medición da nosa web para mellorar os nosos servizos. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.