Presentación do BFA no Máster de Automoción da Universidade de Vigo

26
Setembro
2016

Os alumnos do Máster de Automoción da Universidade de Vigo puideron coñecer, de primeira man, a iniciativa Business Factory Auto (BFA), a través dunha ponencia impartida polo responsable do proxecto en CEAGA, Jorge Gómara.

Nesta sesión, celebrada o pasado 22 de setembro, os alumnos recibiron todas as claves para poder presentar un proxecto a esta aceleradora de innovación específica do sector de automoción.

O Máster en Enxeñería da Automoción da Universidade de Vigo, impulsado por CEAGA, o Grupo PSA e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, ofrece formación global nos diversos aspectos e tecnoloxías utilizadas na investigación e desenvolvemento de produtos e procesos de fabricación.

Presentación do BFA no Máster de Automoción da Universidade de Vigo
Volver ao listado de novas
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar análisis de uso e de medición da nosa web para mellorar os nosos servizos. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.