Os proxectos do BFA presentan as súas innovacións a responsables da DRIA e do Business Lab do Grupo PSA

14
Xullo
2017

O pasado luns, 10 de xullo, distintos responsables do Grupo PSA en Francia visitaron as instalacións da iniciativa Business Factory Auto (BFA) en Porto do Molle (Nigrán) e puideron coñecer, de primeira man, os nove proxectos participantes na primeira edición. 

A este encontro, ademáis de varios membros do comité xestor do BFA, acudiron Isabelle Edessa, Responsable de Relacións Externas do Business Lab, Thierry Cahen, Coordinador Internacional Células Innovación do Grupo PSA e Emmanuel Monzies, Responsable da Dirección Dixital, Data & Connectivity Engineering do Business Lab do Grupo PSA, que foron acompañados por varios dos representantes que o Grupo PSA ten no comité executivo do Business Factory Auto.

Tras esta primeira reunión, o BFA xa está a traballar, no marco de mellora continua da iniciativa, nunha posible visita a EuraTechnologies, outra das iniciativas de referencia mundial en emprendemento dixital na que tamén participa o Grupo PSA.

Os proxectos do BFA presentan as súas innovacións a responsables da DRIA e do Business Lab do Grupo PSA
Volver ao listado de novas
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar análisis de uso e de medición da nosa web para mellorar os nosos servizos. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.