Os proxectos da terceira edición do BFA finalizan o primeiro módulo de formación

20
Decembro
2018

Esta semana finalizou o primeiro módulo de formación da terceira edición do Business Factory Auto. O programa formativo desta edición comezou en novembro tras o comezo das fases de aceleración e consolidación. Durante estas semanas, os 20 proxectos participantes das dúas fases puideron asistir a distintas sesións sobre a cultura do emprendedor e o Sector de Automoción. 

Ademais, os participantes do programa de aceleración puideron asistir a unha formación específica de introdución á xestión dun proxecto, definindo os conceptos básicos e as metodoloxías de xestión para axudalos a poñer en marcha as súas empresas.

Os proxectos do programa de consolidación tamén tiveron unha formación específica sobre a negociación e persuasión e a súa importancia para as novas empresas.

As sesións foron impartidas no edificio do Centro de Negocios de Porto do Molle (Nigrán) por expertos independentes.

Os proxectos da terceira edición do BFA finalizan o primeiro módulo de formación
Volver ao listado de novas
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar análisis de uso e de medición da nosa web para mellorar os nosos servizos. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.