O Responsable de Telecomunicacións de Groupe PSA coñece a iniciativa Business Factory Auto

05
Decembro
2018


Esta mañá, o Responsable de Telecomunicacións de Groupe PSA, Stéphan Leyris, acompañado de varios representantes de Groupe PSA, visitou as instalacións do Cluster de Empresas de Automoción de Galicia para coñecer, de primeira man, a iniciativa Business Factory Auto. 

Na sesión presentouse o modelo de aceleradora do BFA como una iniciativa pioneira en impulsar a innovación e o emprendemento no Sector de Automoción de Galicia e realizouse un balance dos resultados obtidos despois de dúas edicións finalizadas e unha terceira que acaba de arrancar.

Ademais, presentáronse os proxectos de dúas empresas participantes na terceira edición do Business Factory Auto: Inprosec Auto, empresa participante do programa de consolidación que ofrece un servizo integral de ciberseguridade industrial, e Liberiot, empresa participante do programa de aceleración, especializada no desplegue de sensores inalámbricos de baixo custe.

O Responsable de Telecomunicacións de Groupe PSA coñece a iniciativa Business Factory Auto
Volver ao listado de novas
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar análisis de uso e de medición da nosa web para mellorar os nosos servizos. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.