O Presidente da Xunta visita ás empresas do Business Factory Auto

15
Marzo
2018

Alberto Núñez Feijóo, Presidente da Xunta de Galicia, visitou onte aos vinte proxectos participantes nesta segunda edición da iniciativa Business Factory Auto e fíxoo acompañado pola Presidencia do BFA, formada polo Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; o Presidente de CEAGA, Juan Antonio Lloves; do Director de Groupe PSA Vigo, Frédéric Puech; e a Delegada do Consorcio da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa. 

Neste encontro, a comitiva puido coñecer de primeira man as innovacións levadas a cabo polos proxectos participantes, así como o grao de desenvolvemento de cada unha das novas empresas.

Na súa intervención, o Presidente da Xunta destacou “o carácter innovador da iniciativa BFA, que contribúe notablemente a situar o sector de automoción en primeira liña da Industria 4.0.” Ademais, salientou a gran calidade dos proxectos participantes, que axudan a impulsar a cadea de valor do Sector.

A iniciativa Business Factory Auto (BFA) está promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, o Consorcio da Zona Franca de Vigo, Groupe PSA e CEAGA. O seu obxectivo é identificar, acelerar e consolidar proxectos especializados en automoción e a súa transformación en novas empresas innovadoras viables e escalables que atraian e reteñan talento.

O Presidente da Xunta visita ás empresas do Business Factory Auto
Volver ao listado de novas
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar análisis de uso e de medición da nosa web para mellorar os nosos servizos. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.