O ecosistema de automoción de Alsacia coñece o BFA

11
Abril
2018

Onte, unha delegación do ecosistema de automoción da rexión Alsacia sur (Francia) puido coñecer de primeira man a iniciativa Business Factory Auto (BFA) nunha visita ao Cluster de Empresas de Automoción de Galicia. O obxectivo deste encontro foi compartir boas prácticas, principalmente nos ámbitos de emprendemento, innovación, formación e Industria 4.0. 

Esta sesión de boas prácticas resultou moi produtiva, posto que a rexión de Alsacia sur constitúe unos dos ecosistemas de automoción máis avanzados e sinérxicos de toda Europa, coa presenza do Centro de Groupe PSA en Mulhouse e o Cluster Polo Vehículo do Futuro que, do mesmo xeito que CEAGA, conta coa acreditación Gold Label de excelencia, que o acredita como un dos cluster mellor xestionados de Europa.

Neste encontro, presentouse a iniciativa Business Factory Auto (BFA), co seu modelo de aceleración e consolidación e o gran nivel das vinte empresas participantes nesta segunda edición. Esta presentación resultou de gran utilidade para os representantes de Alsacia, que se mostraron moi interesados no BFA.

O ecosistema de automoción de Alsacia coñece o BFA
Volver ao listado de novas
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar análisis de uso e de medición da nosa web para mellorar os nosos servizos. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.