O Business Factory Auto asiste á maior feira tecnolóxica do mundo en Las Vegas

11
Xaneiro
2019

O Business Factory Auto asistiu á feira internacional de electrónica CES 2019 (“Consumer Electronics Show”), que se celebrou en Las Vegas (Estados Unidos) do 8 ao 11 de xaneiro. 

Asistiron á feira representantes do equipo xestor do BFA e membros de cinco empresas participantes da aceleradora (Muutech Monitoring Solutions, VMS Automotive, Xesol Innovation, Inprosec, Little Electric Car e Netun Solutions), así como da empresa Little Electric Car, que forma parte de CEAGA.

Durante o evento, puideron coñecer a actualidade tecnolóxica de próxima xeración no mercado, entre as que foi protagonista a tecnoloxía 5G e o chamado IoT (Internet das Cousas). No apartado de automoción, a feira tamén incluíu a presentación das últimas innovacións de grandes fabricantes do Sector.

A asistencia á feira forma parte do obxectivo do BFA para promover a proxección internacional dos proxectos participantes e aumentar a súa posición competitiva a través da innovación tecnolóxica.

CES Las Vegas é a maior feira anual de electrónica do mundo. Segundo a propia organización da feira, este ano o evento supuxo un punto de encontro para máis de 4.500 empresas da industria electrónica e 180.000 profesionais duns 155 países do mundo.

O Business Factory Auto está impulsado pola Xunta de Galicia, CEAGA, Groupe PSA e o Consorcio da Zona Franca de Vigo. Actualmente, celebra a súa terceira edición na que participan 20 proxectos no programa de aceleración e consolidación. Trátase da edición máis internacional ao contar con proxectos de Dubái e Alemaña. Dende o seu comezo, creáronse 35 novas empresas entre as tres edicións, xerando más de 150 postos de traballo e una facturación que supera os 10 millóns de euros. O 30% das empresas participantes xa exportan a outros países.

O Business Factory Auto asiste á maior feira tecnolóxica do mundo en Las Vegas
Volver ao listado de novas
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar análisis de uso e de medición da nosa web para mellorar os nosos servizos. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.