O Booster Day, unha gran oportunidade para empresas do BFA

25
Setembro
2017

O pasado 20 de setembro, as empresas Enxeñería e Control Merasys e Situm Technologies, acompañadas polos representantes da iniciativa Business Factory Auto (BFA), participaron no Booster Day do Grupo PSA, que se celebrou no Foro Armand Peugeot de Poissy. 

O Booster Day é un importante evento, organizado polo Grupo PSA a nivel mundial coa finalidade de acelerar o desenvolvemento de innovacións na fabricación para a nova Industria 4.0. Neste acto participaron 500 técnicos de PSA e máis de 50 provedores e partners. Tamén se presentaron numerosos demostradores tecnolóxicos, conferencias, proxectos colaborativos de investigación e startups.

Entre os asistentes destacaron as dúas empresas participantes na primeira edición da iniciativa Business Factory Auto (BFA), Ingeniería y Control Merasys e Situm Technologies, que tiveron a oportunidade de coñecer a diferentes expertos e entrar no ecosistema de innovación do grupo automobilístico, ademáis de facer unha presentación do seu proxecto e dispoñer do seu propio estand para exhibir as súas solucións innovadoras.

Para Ingeniería y Control Merasys ter a oportunidade de participar no Booster Day supuxo “dar visibilidade ás nosas tecnoloxías e produtos en plantas de PSA nas que non estamos presentes. Doutra banda, permitiunos, nun só día, realizar encontros con responsables de planta, industriais, metier, etc. que doutra maneira seria moi complicado poder articular”.

Tamén para Situm Technologies esta iniciativa constituíu unha gran oportunidade, xa que “permitiunos mostrar o noso produto a representantes e persoal técnico das fábricas do Grupo de todo o mundo. A solución que propoñemos en Situm, para optimizar a loxística nas fábricas grazas á localización e monitoraxe de persoal e elementos crave (carretillas, AGVs, trens loxísticos, etc.), tería que ser presentada, noutras circunstancias, case fábrica por fábrica. Deste xeito, con todo, e grazas ao traballo desenvolvido co BFA, accedemos a un público moito máis amplo de PSA nunha única xornada”.

O Booster Day, unha gran oportunidade para empresas do BFA
Volver ao listado de novas
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar análisis de uso e de medición da nosa web para mellorar os nosos servizos. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.