O BFA, primeiro representante de automoción en Europa nos StartUp Europe Awards

15
Outubro
2018

A aceleradora Business Factory Auto (BFA) foi elixida como "regional partner" na próxima edición dos premios StartUp Europe Awards, organizados pola Comisión Europea e a Fundación Finnova, que ten por obxectivo estimular a innovación aberta e proxectar a nivel europeo as empresas e startups de distintas rexións. 

O BFA é o primeiro representante rexional de Europa vinculado a automoción que participa nestos premios, facéndose público con motivo da Semana Europea do Comité das Rexións. 

Encargarase de elixir as mellores startups de Galicia que competirán polo premio á mellor startup de España. Presentará, ademais, un premio especial de 5.000 euros para formación, co que as empresas gañadoras poderán coñecer os fondos europeos de apoio a emprendedores. 

As categorías que optarán a este premio son as de Enerxía (Energy), Internet das Cousas (IoT), Cidades Intelixentes (Smart Cities), Clima (Climate), Social e Ciberseguridade (Cibersecurity). O Comité Executivo do BFA será o responsable de elixir os mellores proxectos de cada categoría. 

Con esta iniciativa, o BFA pretende apoiar aos proxectos participantes na súa proxección internacional. O 30% das empresas participantes na súas dúas primeiras edicións xa exportan a outros países. 

O BFA, primeiro representante de automoción en Europa nos StartUp Europe Awards
Volver ao listado de novas
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar análisis de uso e de medición da nosa web para mellorar os nosos servizos. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.