O BFA participa no encontro Universidade-Empresa centrado en automoción

24
Xuño
2019

O equipo do BFA participou, o pasado 21 de xuño, no encontro Universidade-Empresa, organizado pola Vicerreitoría de Transferencia da Universidade de Vigo para fomentar a colaboración entre os grupos de investigación das universidades e as empresas.

Esta xornada forma parte dun ciclo de encontros, centrados en distintas temáticas e organizados pola Universidade de Vigo para estreitar lazos co ecosistema empresarial. Neste caso tratouse do terceiro encontro, cuxa temática centrouse en automoción, contando coa participación de varias empresas membro de CEAGA.
Como parte da xornada, presentouse a iniciativa Business Factory Auto, explicando o seu funcionamento e obxectivos, así como as vantaxes que ofrece aos proxectos participantes.

Estes encontros permiten coñecer de primeira man os retos aso que se enfrontan as empresas de cara ao futuro, así como as súas necesidades produtivas e propoñer posibles vías de colaboración coa universidade e con outras empresas participantes.

O encuentro foi clausurado polo Delegado do Consorcio de Zona Franca de Vigo, David Regades, e pola Vicerreitora de Transferencia de la Universidad de Vigo, Mª Consuelo Pérez.

O BFA participa no encontro Universidade-Empresa centrado en automoción
Volver ao listado de novas
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar análisis de uso e de medición da nosa web para mellorar os nosos servizos. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.