“O BFA deunos a oportunidade de contactar con potenciais clientes e axentes crave do sector de automoción”

28
Xuño
2017

Entrevista con Miguel Pérez, Responsable de Comunicación de Situm Technologies, proxecto participante na primeira edición do BFA.

En que consiste concretamente o voso proxecto?

A tecnoloxía de Situm facilita a xestión das instalacións mediante a localización precisa en interiores de persoal e activos clave, con monitoraxe en tempo real e xeración automática de informes sobre o uso das instalacións e o control de tarefas.

Que innovación achega a tecnoloxía incorporada no proxecto ao sector de automoción de Galicia? 

O noso sistema funciona sen necesidade de instalar un novo hardware na infraestrutura, xa que aproveita as fontes de información xa instaladas nun edificio, como a sinal Wifi ou Bluetooth. Ademáis de funcionar para smartphones, recentemente habilitouse o seu uso tamén noutro tipo de dispositivos móbiles, específicos para localización.
Deste xeito, ofrecemos unha localización precisa no interior de edificios complexos sen necesidade de realizar investimentos instalando un novo hardware, á vez que facilitamos a xestión de procesos en fábrica, monitorando en tempo real os seus activos clave (como carretillas elevadoras), controlando as tarefas realizadas segundo a súa localización e ofrecendo informes sobre o uso dunhas instalacións.

Que achegou a iniciativa Business Factory Auto ao desenvolvemento do proxecto?

O BFA deunos a oportunidade de contactar de forma directa con potenciais clientes e axentes crave do sector da automoción. Grazas a isto, puidemos identificar as necesidades da industria automobilista que podemos axudar a cubrir.
Ademáis, avanzamos no desenvolvemento do produto, man a man cos futuros usuarios, o que nos achegou unha perspectiva que non obteriamos doutra forma.

Que expectativas de futuro ten Situm tras participar no BFA?

Co apoio e a experiencia obtidos no BFA, aspiramos a achegar novas solucións que faciliten cada vez máis a xestión de instalacións industriais aos equipos de loxística, e ser parte do portfolio de solucións comerciais de partners globais que nos permitan alcanzar outros ámbitos industriais. 

Vosa empresa xa xerou emprego en Galicia?

Si; actualmente contamos cun persoal de 18 persoas, todas galegas ou que cursaron os seus estudos nas universidades e centros de formación de Galicia.

“O BFA deunos a oportunidade de contactar con potenciais clientes e axentes crave do sector de automoción”
Volver ao listado de novas
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar análisis de uso e de medición da nosa web para mellorar os nosos servizos. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.