Novo récord de participación na quinta convocatoria do BFA

05
Outubro
2020

A quinta edición do Business Factory Auto volve bater récord de participación, debido a que a esta nova convocatoria presentáronse 127 proxectos de 20 países diferentes, pertencentes aos cinco continentes, interesados en formar parte da aceleradora. Todos eles relacionados coa transformación dixital e a Industria 4.0.

Preto do 50% dos proxectos presentados teñen a súa orixe en empresas ou en centros de coñecemento, polo que o BFA segue sendo un referente de impulso do intraemprendemento. 

De todos os proxectos, seleccionaranse ata 20 que mellor respondan os retos propostos polo Sector de Automoción de Galicia, trasladados ao BFA por diferentes compañías do Cluster. Os proxectos que teñan que ver con estás temáticas terán máis posibilidades de formar parte da aceleradora. Como novidade, para esta quinta convocatoria, todos aqueles proxectos dirixidos a fortalecer o sector de automoción de Galicia fronte a situacións de emerxencia derivadas de pandemias como a do Covid-19 serán valorados positivamente. 

Desde o BFA non só apóianse proxectos que teñan que ver coa parte de produto (coche), senón tamén coa parte de proceso. O futuro da automoción céntrase principalmente na Industria 4.0 e, por iso, apóianse proxectos relacionados coa transformación dixital e todas as tendencias da Fábrica do Futuro, que son clave para a industria. 

O pasado venres pechouse o prazo de inscrición para esta nova edición e a partir de agora comeza o proceso de avaliación. A finais de novembro coñeceranse os proxectos seleccionados, que empezarán a súa andaina no BFA a mediados de decembro. 

Á espera de comezar unha nova edición, desde a súa posta en marcha, o BFA creou máis de 50 novas empresas, xerou máis de 350 postos de traballo de perfil altamente cualificado e unha facturación de máis de 70 millóns de euros. Esta aceleradora vertical desenvolve unha comunidade ao redor da industria do automóbil na que se identifican novas oportunidades de innovación.

Novo récord de participación na quinta convocatoria do BFA
Volver ao listado de novas
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar análisis de uso e de medición da nosa web para mellorar os nosos servizos. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.