Listado dos 20 proxectos invitados a participar na terceira edición do BFA

01
Outubro
2018

O Comité Executivo do Business Factory Auto (BFA) seleccionou 20 proxectos empresariais para participar na terceira edición do BFA, que arrincará o próximo 15 de outubro (fase de consolidación) e o 29 de outubro (aceleración). 

O Comité, integrado por representantes da Xunta de Galicia, o Consorcio da Zona Franca de Vigo, Groupe PSA e CEAGA, seleccionou, como convidados a participar no seu terceiro programa de aceleración, aos seguintes proxectos:


  • DTVIEW 3D – Several Companies spin- out de Soltec Ingenieros, OPF e freelance. Desenvolvemento dunhas lentes de realidade virtual, aumentada e mixta que permita levar aos técnicos ao interior de máquinas, procesos, deseños ou fábricas cun alto nivel de detalle. 
  • EMDURA – Spin-off da Universidade de Vigo e startup. Servizo integral que agrupa procesos de endurecemento e acabado de pezas de aceiro de altas esixencias e que, á súa vez, aplica técnicas novas que permiten a redución de custos de fabricación e a mellora da calidade do produto-servizo.
  • INMAKE INTEGRA – Startup. Desenvolvemento dunha plataforma online que ofreza un servizo integral para todo o proceso de fabricación de prototipos, útiles, ferramentas ou series mediante manufactura aditiva.
  • LIBERIOT – Spin-out de Inubo. Permite crear infraestruturas privadas de IoT para despregar sensores inalámbricos de baixo custo alimentados por baterías simples e programables.
  • MOBOCEN – Startup. Sistema de monitoraxe en tempo real de bombas hidráulicas para aumentar a vida útil e diminuír o custo de mantemento.
  • RED PRIVADA ETHEREUM E INTEGRACIÓN CON DOCUTEN – Spin-out de Enxendra. Creación dunha rede sectorial, securizada e de infraestrutura privada co obxectivo de descentralizar as solucións de firma electrónica por un servizo de notaría dixital.
  • ROBOT AUTÓNOMO CON SISTEMA DE VISIÓN E GUIADO AUTOMÁTICO – Spin- out de Unimate Robótica. Solución que aúna un robot cun sistema de visión, que lle permite posicionarse nos postos de traballo de maneira precisa e segura, coa tecnoloxía dos AGVs, para poder desprazarse con autonomía pola planta.
  • SGS – Startup. Desenrolo dun sistema SGS (Safety General Structure), consistente nunha plataforma para vehículo eléctrico que integra un bastidor distribuído, que mellora os estándares actuais de seguridade, refrixeración, lixeireza e confort.
  • TECHEYE – Spin- out de Inova Labs. Desenvolvemento dunha plataforma de IoT para a captación, almacenamento e procesamento de imaxes e datos de sensores auxiliares na ocorrencia de defectos, achegando, desta forma, intelixencia aos procesos de control da calidade.
  • VR- AR MEIFUS – Startup. Creación de manuais interactivos de realidade virtual, con inclusión de realidade aumentada, para os traballos de mantemento en máquinas ou células de fabricación industrial desde un único interface.


A fase de consolidación para proxectos máis maduros contará coa presenza de 7 compañías da segunda edición e 3 novas que se incorporan á iniciativa. En total, esta fase contará cos proxectos:


  • CIN ADVANCED SYSTEMS GALICIA – Spin-out de CIN Advanced Systems. Solución de medición e detección de defectos por visión artificial para garantir a ausencia de fallos en pezas de seguridade, estéticas e funcionais, mediante holografía conoscópica, que permite dixitalizar de forma rápida e precisa superficies complexas.
  • EFIMOB EV CHARGE – Spin- out de Efimob Efficient Solutions. Desenrolo dun sistema de xestión de puntos de recarga para vehículos eléctricos con abalo dinámico de potencia.
  • EZHIRE - ON- DEMAND CAR DELIVERED – Spin-out de Ezhire Technologies. Plataforma de aluguer de vehículos sen procedementos nin longos trámites.
  • IIÔR: INDUSTRIAL INTERNET OF ROBOTS – Spin-out de Ledisson A&IT. Tecnoloxía IoT para os sistemas robotizados cun software que permite interconectar os robots e automatismos de calquera xeración e fabricante nunha plataforma común.
  • INPROSEC-AUTO – Spin-out de Inprosec. Servizo integral de ciberseguridad industrial, desde servizos de auditoría técnica e organizativa en fábrica ata o desenvolvemento de servizos e produtos específicos de seguridade.
  • KALEIDO AUTOMATION SERVICES – Spin-out do Grupo Kaleido. Dixitalización e automatización de almacéns e contornas produtivos, utilizando a tecnoloxía “Self Driving Vehicles” que non require instalación física e permite a adhesión ou retirada de vehículos ao sistema de forma inmediata e sen reprogramación.
  • MUUTECH MONITORING SOLUTIONS – Startup. Ferramenta que permite un control centralizado de toda a empresa, a través da monitoraxe en tempo real, para reducir as paradas de produción e os efectos destas.
  • NORLEAN MANUFACTURING & PRODUCTIVIDAD S. L. – Several Companies spin- out de Soltec Ingenieros e OPF. Software de simulación 3D, utilizando a metodoloxía Lean, que permite acceder e analizar grandes cantidades de datos para perfeccionar estratexias competitivas anticipando patróns e tendencias de xeito fácil e segura.
  • SIMAXSU – Startup. Desenrolo de sistemas de suxeición mixtos para o movemento de pezas, baseados en tecnoloxía magnética e en fabricación aditiva.
  • WEARHEALTH – Spin- out de Wearhealth UG. Plataforma intelixente e interoperable baseada en intelixencia artificial e datos de IoT, que mellora a produtividade, a seguridade dos traballadores e a vixilancia de tarefas.


Esta terceira edición será, sen dúbida, a máis internacional, xa que dos 20 proxectos seleccionados hai un de Dubái (Ezhire), que consiste nunha plataforma de car sharing e outro de Alemaña (Wearhealth) sobre intelixencia artificial. Ademais, fóra da comunidade galega, tamén participará un proxecto do País Vasco (CIN) para a detección de defectos.


O balance da iniciativa BFA está a ser moi positivo tras dúas edicións xa finalizadas e unha a piques de arrincar, debido a que se crearon 22 empresas (máis 13 novas nesta terceira convocatoria) e máis de 150 empregos, cunha facturación de 10 millóns de euros (prevista para peche de ano). Ademais, cubríronse ocos na cadea de valor do Sector, principalmente relacionados coa dixitalización ou a Industria 4.0, e xerouse talento e innovación na nosa Comunidade.


Nesta terceira convocatoria produciuse un récord de participación, xa que se presentaron 62 proxectos de 9 países diferentes (España, Portugal, Francia, Alemaña, Hungría, Romanía, Lituania, Taiwan e Dubái), todos eles relacionados coa transformación dixital.

Listado dos 20 proxectos invitados a participar na terceira edición do BFA
Volver ao listado de novas
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar análisis de uso e de medición da nosa web para mellorar os nosos servizos. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.