Lanzamento da segunda edición da iniciativa BFA o próximo 8 de xuño

25
Maio
2017

O próximo 8 de xuño terá lugar, no Centro de Negocios de Porto do Molle (Nigrán) ás 11:45 h, o acto de lanzamento da segunda edición da iniciativa Business Factory Auto (BFA). 

Trátase da presentación da segunda convocatoria do proxecto impulsado pola Xunta de Galicia, CEAGA, o Consorcio da Zona Franca de Vigo e o Grupo PSA para apoiar proxectos de innovación, que xa xerou 9 novas empresas que completan a cadea de valor do Sector de Automoción de Galicia e que se presentarán neste acto.

Ademais, o encontro contará coa intervención do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, a Delegada do Consorcio da Zona Franca de Vigo, o Director do Polo Industrial Ibérico do Grupo PSA e o Presidente de CEAGA.

Os interesados en participar deben confirmar asistencia.

Lanzamento da segunda edición da iniciativa BFA o próximo 8 de xuño
Volver ao listado de novas
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar análisis de uso e de medición da nosa web para mellorar os nosos servizos. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.