Finaliza o primeiro módulo de formación da segunda edición do BFA

20
Decembro
2017

Onte finalizou a primeira parte do programa formativo da iniciativa Business Factory Auto cunha última sesión do módulo “Lean Startup” para os proxectos da fase de aceleración, que se celebrou na sede de Porto do Molle en Nigrán. 

Neste primeiro módulo, os proxectos de aceleración recibiron sete sesións, centradas principalmente na temática “Lean startup”. Pola contra, na fase de consolidación impartíronse cinco sesións enfocadas á “Consolidación do plan de negocio”.

O programa BFA inclúe un plan formativo no que os membros dos proxectos poden empaparse de todo o coñecemento sobre a cultura do sector de automoción e o emprendemento. A formación impártena expertos independentes que apoian e guían aos proxectos para a obtención dos obxectivos marcados.

A actividade formativa do BFA retomarase o próximo mes de febreiro con sesións para mellorar as presentacións en público e a preparación do pitch.

Finaliza o primeiro módulo de formación da segunda edición do BFA
Volver ao listado de novas
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar análisis de uso e de medición da nosa web para mellorar os nosos servizos. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.