En marcha a segunda edición da iniciativa BFA

07
Novembro
2017

Xa está en marcha a segunda edición da iniciativa Business Factory Auto (BFA) con vinte proxectos de ámbito 4.0. 10 destas compañías atópanse en fase de aceleración e comezaron a súa actividade no BFA onte, 6 de novembro. Como novidade, este ano lanzouse unha fase de consolidación para proxectos máis maduros, que conta coa presenza de 7 compañías da primeira edición e 3 novas que se incorporan á iniciativa. Esta segunda fase púxose en marcha o 16 de outubro. 

Nesta nova edición, os proxectos comezarán o plan de formación o próximo 14 de novembro cun primeiro bloque específico sobre “Lean startup” e finalizarán a súa estancia na aceleradora os próximos meses de xullo (aceleración) e setembro (consolidación).

A iniciativa Business Factory Auto foi impulsada en conxunto pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, o Consorcio da Zona Franca de Vigo, o Grupo PSA e CEAGA. O seu obxectivo é identificar, acelerar e consolidar proxectos especializados en automoción e a súa transformación en empresas innovadoras viables e escalables que atraian e reteñan talento.

En marcha a segunda edición da iniciativa BFA
Volver ao listado de novas
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar análisis de uso e de medición da nosa web para mellorar os nosos servizos. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.