En marcha a primeira edición do BFA con nove empresas constituídas

10
Xaneiro
2017

Onte comezou a primeira edición da iniciativa Business Factory Auto (BFA) con nove empresas constituídas e instaladas na sede de Porto do Molle en Nigrán, cedida polo Consorcio da Zona Franca de Vigo. 

Finalmente, neste primeiro programa de aceleración, participan nove compañías, que se atopan situadas nunha sala común, onde comezarán a recibir formación, tutorización e mentoring.
Xa está en marcha, por tanto, a fase de aceleración, que finalizará o próximo 31 de xullo, coas seguintes empresas:


- CABB 16 (Spin-out que desenvolverá un sistema de distribución eléctrica/electrónica ultralixeiro para vehículos eléctricos).
- Eccocar (Startup do ámbito do Car Sharing p2p).
- Efitransa (Several companies spin-out de automatización e optimización de carga de automoción e compoñentes en medios de transporte polivalentes).
- Flythings (Spin-off que desenvolverá unha ferramenta de software facilitadora do internet das cousas nas plantas de produción).
- HUMAT (Spin-out especializada en robótica colaborativa).
- Retroffiting e reinxeñería de procesos en empresas de automoción (Startup).
- Sistema predictivo de detección de defectos, mediante sensórica avanzada, HPC e Big Data para procesos industriais no automóbil (Spin-off).
- Situm Factory Indoor (Spin-off que ofrece unha plataforma de localización no interior das fábricas).
- VMS Automotive (Spin-out para o desarrollo e comercialización dun vehículo de tres rodas, 100% eléctrico).


A iniciativa Business Factory Auto foi impulsada en conxunto pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, o Consorcio da Zona Franca de Vigo, o Grupo PSA e CEAGA. O seu obxectivo é identificar, acelerar e consolidar proxectos especializados en automoción e a súa transformación en empresas innovadoras viables e escalables que atraian e reteñan talento.


En marcha a primeira edición do BFA con nove empresas constituídas
Volver ao listado de novas
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar análisis de uso e de medición da nosa web para mellorar os nosos servizos. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.