En marcha a cuarta edición do Business Factory Auto con 18 proxectos de innovación

12
Decembro
2019

Xa está en marcha unha nova edición da iniciativa Business Factory Auto (BFA), onde participan 18 proxectos de innovación: 10 na fase de aceleración e 8 con maior grao de madurez, na de consolidación.

Neste contexto, onte tivo lugar a xornada de benvida desta nova edición, que incluíu varias presentacións sobre o BFA e temas clave para o sector de automoción como o Lean Manufacturing ou a transformación dixital da cadea de valor sectorial, así como unha visita ás instalacións da iniciativa.

Os proxectos participantes finalizarán a súa estancia na aceleradora os próximos meses de agosto (aceleración) e novembro (consolidación).

Durante a súa estancia, os proxectos disporán dun espazo de traballo, respaldo financieiro, formación, e un ecosistema único integrado por titores, mentores, partners e outros axentes relacionados co sector de automoción.

A iniciativa Business Factory Auto está impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, o Consorcio da Zona Franca de Vigo, Groupe PSA e CEAGA, co obxectivo de identificar, acelerar e consolidar proxectos especializados en automoción e transformalos en empresas innovadoras viables e escalables que atraian e reteñan talento. 

En marcha a cuarta edición do Business Factory Auto con 18 proxectos de innovación
Volver ao listado de novas
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar análisis de uso e de medición da nosa web para mellorar os nosos servizos. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.