Xa
está en marcha unha nova edición da iniciativa Business Factory Auto (BFA), que arrincou onte a súa quinta promoción cunha xornada de apertura, onde participaron os 20 novos proxectos seleccionados.
Nesta
sesión de benvida, que se celebrou de maneira telemática, os participantes
fixeron unha breve presentación do seu proxecto para poder analizar posibles
sinerxias ou posibilidades de colaboración. Ademais, tiveron
a oportunidade de coñecer con máis detalle as facilidades que poden obter do
seu paso pola aceleradora, como un espazo de traballo, respaldo financeiro,
formación e un ecosistema único integrado por titores, mentores, partners e outros axentes relacionados co sector de automoción.
Os
proxectos participantes finalizarán a súa estancia na aceleradora os próximos
meses de agosto (aceleración) e decembro (consolidación).
A
iniciativa Business Factory Auto está impulsada pola Xunta de Galicia, o
Consorcio da Zona Franca de Vigo, Groupe PSA e CEAGA, co obxectivo de identificar, acelerar e consolidar proxectos especializados en automoción e transformalos en empresas innovadoras viables e escalables que atraian e reteñan talento.