“Co noso proxecto empresarial buscamos ampliar o negocio cara ó ámbito da robótica colaborativa”

28
Febreiro
2017

Entrevista con Óscar Rodríguez, Project Manager da empresa Humat Cobotic, participante na primeira Fase de Aceleración da iniciativa Business Factory Auto (BFA).


Humat é unha spin-out da empresa Ledisson Automation, membro do Cluster. Que papel desempeña Humat para a súa matriz Ledisson? 

Ledisson, a través do proxecto Humat, busca expandir e ampliar o negocio cara ó ámbito da robótica colaborativa. 

Esta spin-out de Ledisson ocuparase de analizar e desenvolver solucións de automatización de procesos produtivos tradicionais, que son susceptibles de incorporarse á nova revolución industrial que supón a Industria 4.0. A utilización de cobots no proceso produtivo, ou en cadeas de produción do sector da automoción, permitirá que, en moitos casos, póidase substituír a participación manual ou a acción humana de procesos repetitivos, algo que ata agora non fora posible na súa totalidade.


En que consiste concretamente o voso proxecto?

O noso proxecto empresarial consiste no asesoramento de clientes no campo da robótica colaborativa para o desenvolvemento e integración de solucións cobóticas nas súas cadeas de produción e montaxe.


Cal é o persoal actual co que conta Humat? Xa está a xerar emprego en Galicia?

O persoal actual de Humat está formada por dúas persoas. Como estamos a arrincar, de momento, o proxecto a día de hoxe non puido xerar máis emprego.


Que problema resolve ou que innovación achega a tecnoloxía incorporada no proxecto Humat ás cadeas de produción?

O noso proxecto achega melloras de procesos para unha solución personalizada. Ademáis do estudio e valoración das tecnoloxías existentes e da posta en marcha dun servizo de rápida programación para xerar interfaces máis amigables entre o operario e o robot.


Que expectativas ou motivación tedes con respecto á vosa participación na primeira edición da iniciativa Business Factory Auto (BFA)?

Sen dúbida, coa nosa participación na iniciativa BFA buscamos ampliar e consolidar o know-how tanto no noso ámbito actual como en futuribles. Para iso esperamos ampliar o noso coñecemento sobre tendencias tecnolóxicas e outros ámbitos alleos á robótica, para aplicalos posteriormente no sector da automoción e/ou outros. 



“Co noso proxecto empresarial buscamos ampliar o negocio cara ó ámbito da robótica colaborativa”
Volver ao listado de novas
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar análisis de uso e de medición da nosa web para mellorar os nosos servizos. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.