BFA participa na feira de innovación South Summit de Madrid

08
Outubro
2019

O equipo do BFA participou na sexta edición da feira South Summit 2019 de Madrid, un dos maiores encontros de referencia para emprendedores e investidores, celebrado entre o 2 e o 4 de outubro.

Ao evento asistiron, na caseta do BFA, as startups Norlean, DTView, VMS e Help-Flash. Pola súa conta tamén participaron Situm, Muutech e VAX3D. 

O evento South Summit converteuse nun punto de referencia para a innovación reunindo a distintos actores do ecosistema para contribuír á mellora da súa competitividade. En 2018, contabilizáronse máis de 2.000 asistentes e máis de 6.500 startups.

Entre os ponentes que participaron nesta edición, destacan figuras como Paul Misener, vicepresidente de Global Innovation Policy de Amazon; Ciaran Quilty, vicepresidente EMEA para Facebook; Jennifer Kanyamibwa, directora senior de estratexia e operacións de deseño de produto en Twitter ou Juan de Antonio, fundador e CEO de Cabify. Unha das novidades nesta edición foi o novo espazo, denominado Demo Stage, para fomentar a innovación aberta entre startups, corporacións e grandes compañías.

Como parte da feira, celébrase cada ano un concurso que premia ás mellores startups, Spain Startup-South Summit. Nesta edición presentáronse 3.700 proxectos, dos cales 100 foron seleccionados como finalistas por un comité de 150 expertos. Entre eles, atopouse a empresa Situm Technologies, participante da segunda edición do BFA, que foi unha das finalistas na sección de Transporte e Mobilidade.

BFA participa na feira de innovación South Summit de Madrid
Volver ao listado de novas
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar análisis de uso e de medición da nosa web para mellorar os nosos servizos. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.