BFA e CEAGA asisten á maior feira tecnolóxica do mundo en Las Vegas para coñecer as últimas tendencias 4.0

13
Xaneiro
2020

Por segundo ano consecutivo, representantes do Business Factory Auto e de CEAGA asistiron á feira internacional de electrónica CES 2020, que se celebrou en Las Vegas (Estados Unidos), do 6 ao 10 de xaneiro, co obxectivo de coñecer as últimas tendencias 4.0, ampliar a rede de emprendemento, dar a coñecer a aceleradora e apoiar ás empresas galegas que exhibiron as súas solucións neste encontro internacional.

Tamén estiveron presentes nesta feira de referencia mundial empresas que participaron nalgunha das edicións do BFA como Norlean, VMS, VAX3D e DTView 3D, así como a compañía membro de CEAGA Movelco.

Durante o evento, os representantes do Sector de Automoción de Galicia puideron coñecer as novidades tecnolóxicas de próxima xeración no mercado, así como as últimas innovacións de grandes fabricantes automobilísticos.

A feira CES Las Vegas supón un punto de encontro para que os grandes fabricantes de tecnoloxía e automoción presenten algunhas das tendencias do ano que acaba de empezar. Nesta edición, onde participaron máis de 4.400 expositores e máis de 1.000 novas empresas, os protagonistas foron os coches máis tecnolóxicos, a intelixencia artificial e o 5 G.

A asistencia á feira forma parte do obxectivo do BFA para promover a proxección internacional dos proxectos participantes e aumentar a súa posición competitiva a través da innovación tecnolóxica.

BFA e CEAGA asisten á maior feira tecnolóxica do mundo en Las Vegas para coñecer as últimas tendencias 4.0
Volver ao listado de novas
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar análisis de uso e de medición da nosa web para mellorar os nosos servizos. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.