Aberto o prazo de inscripción para a quinta edición do Business Factory Auto

01
Xullo
2020

Dende hoxe, e ata o próximo 2 de outubro, está aberto o prazo para presentar un proxecto innovador á quinta edición da iniciativa Business Factory Auto (BFA), tanto á fase de aceleración como á de consolidación para proxectos con maior grao de madurez.

Os proxectos interesados en participar nesta nova convocatoria poderán desenvolver a súa idea, específica do sector de automoción, no marco dunha aceleradora consolidada e respaldada polo Sector de Automoción de Galicia, onde terán acceso a unha importante serie de ventaxas como apoio financeiro (ata 375.000 € por proxecto), un espazo de traballo, asesoramento e formación, rede de contactos e incorporación ao sector de automoción galego, liderado por CEAGA e coa participación de Groupe PSA e o resto de compañías da industria.

Para esta nova edición, definíronse como temáticas de especial interese diferentes tecnoloxías relacionadas coa transformación dixital, como solución de sensorización; de robotización Pick and Place low cost; de automatización na detección de defectos; implantación de sistemas automatizadas para o movementos de materiais; integración dos sistemas de información; solución de realidade aumentada, virtual ou mixta; sistemas de identificación, localización y monitorización de embalaxes para interiores e exteriores; desenvolvemento de estructuras de apoio (exoesqueletos ou similares); aplicación das TIC para a mellora da eficiencia enerxética; propostas para a tecnoloxía de baterías de estado sólido orientadas ao vehículo eléctrico ou solucións de intelixencia artificial para o vehículo autónomo. É decir, os proxectos presentados que cubran estas temáticas terán prioridade para entrar na aceleradora.

O BFA naceu en 2016 promovido pola Xunta de Galicia, o Consorcio da Zona Franca de Vigo, Groupe PSA e CEAGA. O seu obxectivo é impulsar a aceleración e consolidación de proxectos especializados en automoción para transformalos en empresas innovadoras que contribúan a cubrir os ocos na cadena de valor e fortalecer o Sector de Automoción de Galicia.

Tras tres edicións xa finalizadas e a cuarta en marcha, creáronse 45 novas empresas e máis de 252 empregos, cunha facturación de 33 millóns de euros a peche de 2019. Para este 2020 as previsións estiman 357 empregos e unha facturación de 70 millóns de euros. Además, cubríronse ocos na cadena de valor do sector, principalmente relacionados coa Industria 4.0, e atraiuse talento e innovación á nosa Comunidade.

Os proxectos interesados en participar na quinta edición do BFA poden inscribirse na web da iniciativa, ata o 2 de outubro: http://www.bfauto.es/es/

Aberto o prazo de inscripción para a quinta edición do Business Factory Auto
Volver ao listado de novas
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar análisis de uso e de medición da nosa web para mellorar os nosos servizos. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.