Aberto o prazo de inscrición para a segunda convocatoria do BFA

12
Xuño
2017

O pasado xoves, 8 de xuño, lanzouse a segunda convocatoria da iniciativa Business Factory Auto (BFA) cun acto ao que acudiron duascentas persoas, interesadas en coñecer os requisitos para participar nesta nova edición. 

Como novidade, nesta segunda convocatoria seleccionaranse ata un máximo de vinte proxectos: dez para fase de aceleración e outros dez para a de consolidación. Ademais, este ano identificáronse unha serie de temáticas de especial relevancia para o Sector, que se poden atopar con máis detalle nas bases do programa (dispoñibles na web do BFA).

No acto de lanzamento presentáronse os 9 proxectos participantes na primeira edición, cuxo orixe non só radica en startups ao uso, senón que xurdiron por mor de ideas de empresas do Sector (spin outs) ou de centros de coñecemento (spin offs).

Finalmente, o acto estivo clausurado pola Presidenta de Vigo Activo e Delegada da Zona Franca, Teresa Pedrosa; o Director do Polo Ibérico do Grupo PSA, Frédéric Puech; o Presidente de CEAGA, Juan Antonio Lloves, o Presidente da Zona Franca de Vigo, Abel Caballero e o Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde.

Os interesados en presentar un proxecto a esta segunda edición do BFA, poden facelo ata o próximo 15 de agosto, a través da páxina web: www.bfauto.es, onde tamén aparecen as bases reguladores cos requisitos que deben cumprir as empresas.

Aberto o prazo de inscrición para a segunda convocatoria do BFA
Volver ao listado de novas
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar análisis de uso e de medición da nosa web para mellorar os nosos servizos. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.