A Directora de Investigación e Enxeñería Avanzada do Grupo PSA interésase pola marcha do Business Factory Auto

07
Setembro
2017

Onte pola tarde, a Directora de Investigación e Enxeñería Avanzada (DRIA) do Grupo PSA, Carla Gohin, foi recibida na sede do Cluster de Empresas de Automoción de Galicia polo Presidente de CEAGA, Juan Antonio Lloves, e outros responsables da organización, para coñecer as capacidades de innovación desenvolvidas no seo da iniciativa Bussines Factory Auto, en presenza do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde e do Director de Igape, Juan Cividanes. 

Neste encontro, onde participou a Presidencia do BFA ao completo (Francisco Conde, Conselleiro de Economía; Teresa Pedrosa, Delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo; Frédéric Puech, Director do Polo industrial Ibérico do Grupo PSA; e Juan Antonio Lloves, Presidente de CEAGA), ademáis doutros directivos de PSA, CEAGA e Zona Franca, realizouse un punto de situación sobre a segunda convocatoria da iniciativa, ademáis dun balance da primeira edición e unha presentación dos proxectos seleccionados para o Booster Day de PSA: Efitrans Efficient Logistics, Enxeñería e Control Merasys e Situm Technologies.

No marco deste encontro, o Presidente de CEAGA, Juan Antonio Lloves, destacou que “esta segunda convocatoria foi un éxito de candidaturas presentadas. Preto dun 80% de incremento con respecto aos proxectos presentados o ano pasado. En total, preto de 40 proxectos quixeron entrar a formar parte desta nova edición do Business Factory Auto”.

A Directora de Investigación e Enxeñería Avanzada do Grupo PSA interésase pola marcha do Business Factory Auto
Volver ao listado de novas
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar análisis de uso e de medición da nosa web para mellorar os nosos servizos. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.