20 proxectos de ámbito 4.0 invitados a participar na segunda edición do Business Factory Auto

02
Outubro
2017

O Comité Executivo do Business Factory Auto (BFA) seleccionou 20 proxectos empresariais para participar na nova edición do BFA, que arrincará o próximo 16 de outubro (fase de consolidación) e o 6 de novembro (aceleración). 

O Comité, integrado por representantes da Xunta de Galicia, o Consorcio da Zona Franca de Vigo, o Grupo PSA e CEAGA, seleccionou, como convidados a participar no seu segundo programa de aceleración, aos seguintes proxectos:

▪ Coche ciberseguro. Spin-out do grupo Emetel. Proxecto sobre ciberseguridad en procesos e/ou produto.

▪ Efimob EVCharge. Spin-out de Efimob Efficient Solutions. Desenvolvemento dun sistema de recarga de vehículos que ten en conta a enerxía consumida.

▪ Global Galician Parking 2017. Startup. Desenvolvemento dun sistema de detección de aparcadoiros libres, deseñado para traballar tanto en interiores como na vía pública.

▪ Industrial Internet of Robots (IIoR). Spin-out de Ledisson A&IT. Habilitador de tecnoloxía do Internet das Cousas para os sistemas robotizados que permite interconectar robots de calquera xeración e de calquera fabricante nunha plataforma común.

▪ Kaleido Robotics. Spin-out do Grupo Kaleido. Desenvolvemento dunha tecnoloxía para o manexo de mercadorías na cadea de suministro sen necesidade de ningún tipo de infraestrutura física.

▪ Lightnosis. Startup. Uso da tecnoloxía de comunicación por luz visible (VLC) en vehículos ou instalacións para transmitir datos.

▪ Norlean. Startup. Creación dunha proposta de valor unificada baseada na metodoloxía Lean, na experiencia en negocio e na tecnoloxía para maximizar a eficacia e para mellorar a produtividade.

▪ Simaxsu. Startup. Desenvolvemento dun sistema de suxeición mixto para o movemento de partes (liñas de montaxe, transfer en prensas, etc.), baseado en tecnoloxía magnética e en fabricación aditiva.

▪ Solucións de monitoraxe na industria do automóbil. Startup. Plataforma de software de monitoraxe distribuída, cuxa misión principal é a recollida e visualización en tempo real de datos provenientes de autómatas, robots, sensores, bases de datos, servidores, equipos de rede e comunicacións.

▪ 3D Vision Applied Technology. Spin-out de Simaupro Galicia. Deseño e fabricación de máquinas e solucións serie baseadas en visión artificial 3D.

Como novidade, este ano lánzase unha fase de consolidación para proxectos máis maduros, que contará coa presenza de 7 compañías da primeira edición e 3 novas que se incorporan á iniciativa. En total, esta fase contará cos proxectos:

▪ CABB. Spin-out do Grupo Cablerías. Desenvolvemento de arquitectura eléctrica de potencia conformada, optimizada para vehículos eléctricos.

▪ Flythings. Spin-off do Instituto Tecnolóxico de Galicia. Plataforma-ferramenta software facilitadora da implementación do Internet das Cousas para abordar a adquisición, análise e explotación de grandes volumes de datos.

▪ Help Flash. Startup. Desenvolvemento dun dispositivo luminoso que permite sinalizar un vehículo detido na calzada sen ter que saír do mesmo.

▪ Humat Cobotics. Spin-out de Ledisson A&IT. Achega aplicacións industriais 4.0, utilizando a robótica colaborativa xunto con outras tecnoloxías.

▪ Lupeon. Startup. Proxecto enfocado á optimización estrutural e redución de peso de garras robóticas, desenvolvendo solucións innovadoras de garras polivalentes e novos deseños de bridas e grippers con deseños topológicos que facilitan a súa integración en robots.

▪ Merasys 4.1. Startup. Integra tecnoloxía de sensórica avanzada para a detección de defectos cun custo sustentable actualmente e adaptable á contorna.

▪ Retrofitting e Reenxeñaría de procesos. Startup. Integra tecnoloxía para a mellora e automatización de liñas de produción e loxística existentes a base de automatismos electromecánicos, autómatas, robots e visión artificial para a mellora da produtividade e eficiencia do proceso.

▪ Situm. Spin-off da Universidade de Santiago de Compostela. Plataforma de localización en interiores capaz de alcanzar a máxima precisión coa mínima infraestrutura necesaria e o despregamento máis rápido.

▪ Teixo EC Automoción. Spin-out de Teimas. Desenvolvemento dun sistema de información para o control e a xestión da produción de residuos en empresas do Sector.

▪ VMS Automotive. Spin-out do Grupo Marsan. Desenvolvemento dunha motocicleta 100% eléctrica de tres rodas. Incorpora, ademáis, un novo sistema patentado de amortiguación cuxa finalidade é permitir unha maior estabilidade do vehículo.

Os 20 novos proxectos convidados a participar nesta segunda edición axudarán a completar a cadea de valor do Sector de Automoción de Galicia no ámbito da Industria 4.0 ou transformación dixital.

Volver ao listado de novas
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar análisis de uso e de medición da nosa web para mellorar os nosos servizos. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.