10 proxectos convidados a participar na primeira edición do Business Factory Auto (BFA)

29
Novembro
2016

O Comité Executivo do Business Factory Auto (BFA) reuniuse onte, nas instalacións do Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA), para valorar os proxectos presentados a esta iniciativa.

O Comité, integrado por representantes da Xunta de Galicia, o Consorcio da Zona Franca de Vigo, o Grupo PSA e CEAGA, seleccionou, como convidados a participar no seu primeiro programa de aceleración, aos seguintes proxectos:

  • CABB 16 (Spin-out que desenvolverá un sistema de distribución eléctrica/electrónica ultralixeiro para vehículos eléctricos).
  • Eccocar (Startup do ámbito do Car Sharing p2p).
  • Efitransa (Several companies spin-out de automatización e optimización de carga de automoción e compoñentes en medios de transporte polivalentes).
  • Empresa que se dedicará ao deseño, fabricación e comercialización de equipos de control de estanqueidade para compoñentes de automóbiles (Startup).
  • Flythings (Spin-off que desenvolverá unha ferramenta de software facilitadora do internet das cousas nas plantas de produción).
  • HUMAT (Spin-out especializada en robótica colaborativa).
  • Retroffiting e reingeniería de procesos en empresas de automoción (Startup).
  • Sistema predictivo de detección de defectos, mediante sensórica avanzada, HPC e Big Data para procesos industriais no automóbil (Spin-off).
  • Situm Factory Indoor (Spin-off que ofrece unha plataforma de localización no interior das fábricas).
  • VMS Automotive (Spin-out para a fabricación e comercialización dun vehículo de tres rodas, 100% eléctrico).

O BFA comezará a súa actividade o próximo 9 de xaneiro nas instalacións de Porto do Molle (Nigrán), cedidas polo Consorcio da Zona Franca de Vigo.

A iniciativa Business Factory Auto (BFA) foi impulsada en conxunto pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, o Consorcio da Zona Franca de Vigo, o Grupo PSA e CEAGA. O seu obxectivo é identificar, acelerar e consolidar proxectos especializados en automoción e a súa transformación en empresas innovadoras viables e escalables que atraian e reteñan talento.

Volver ao listado de novas
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar análisis de uso e de medición da nosa web para mellorar os nosos servizos. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.