O Responsable de Telecomunicacións de Groupe PSA coñece a iniciativa Business Factory Auto

Esta mañá, o Responsable de Telecomunicacións de Groupe PSA, Stéphan Leyris, acompañado de varios representantes de Groupe PSA, visitou as instalacións do Cluster de Empresas de Automoción de Galicia para coñecer, de primeira man, a iniciativa Business Factory Auto.

O Business Factory Auto, premio á “mellor práctica” pola APTE

A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) concedeu o premio “mellor práctica en parques científicos e tecnolóxicos de 2018” á iniciativa Business Factory Auto.

A terceira edición do BFA ponse en marcha

A terceira edición da iniciativa Business Factory Auto púxose en marcha, esta semana, con vinte proxectos innovadores de automoción. Dez destas empresas acaban de iniciarse na fase de aceleración do programa, comezando a súa actividade o 29 de outubro, e outras dez comezaron a fase de consolidación o pasado 15 de outubro.

Listado definitivo dos proxectos participantes na terceira edición do BFA

Os vinte proxectos participantes nesta terceira edición da iniciativa Business Factory Auto (BFA) son:

O BFA, primeiro representante de automoción en Europa nos StartUp Europe Awards

A aceleradora Business Factory Auto (BFA) foi elixida como "regional partner" na próxima edición dos premios StartUp Europe Awards, organizados pola Comisión Europea e a Fundación Finnova, que ten por obxectivo estimular a innovación aberta e proxectar a nivel europeo as empresas e startups de distintas rexións.

Listado dos 20 proxectos invitados a participar na terceira edición do BFA

O Comité Executivo do Business Factory Auto (BFA) seleccionou 20 proxectos empresariais para participar na terceira edición do BFA, que arrincará o próximo 15 de outubro (fase de consolidación) e o 29 de outubro (aceleración).

Youtube Play Button 1 proxecto innovador en 1 minuto: VMS Automotive

Entrevista coa empresa participante no Business Factory Auto, VMS Automotive.

Youtube Play Button Entrevista coa empresa Situm Technologies

1 proxecto innovador en 1 minuto

Youtube Play Button 1 proxecto innovador en 1 minuto: Lupeon

Entrevista coa empresa participante na segunda edición do BFA, Lupeon.

Youtube Play Button Netun Solutions: 1 proxecto innovador en 1 minuto

Entrevista coa empresa participante na fase de consolidación do BFA.

Youtube Play Button Entrevista coa empresa Ingeniería y Control Merasys

Entrevista coa empresa Ingeniería y Control Merasys, participante na fase de consolidación da segunda edición do BFA.

Youtube Play Button 1 proxecto innovador en 1 minuto: Global Productivity Solutions

Entrevista coa empresa GPS, participante na segunda edición do Business Factory Auto.

Youtube Play Button Humat Cobotic: 1 proxecto innovador en 1 minuto

Entrevista coa empresa participante na segunda edición do Business Factory Auto.

Aberto o prazo de inscrición para a terceira convocatoria do BFA

Onte presentouse, no Centro de Negocios Porto do Molle (Nigrán), a terceira convocatoria da iniciativa Business Factory Auto (BFA) cun acto ao que acudiron máis de 250 asistentes, interesados en coñecer os requisitos para participar nesta nova edición.

Youtube Play Button 1 proxecto innovador en 1 minuto: Flythings Technologies

Entrevista coa empresa participante na fase de consolidación.

Youtube Play Button Entrevista coa empresa Cablerías BB Energy

1 proxecto innovador en 1 minuto

Youtube Play Button 3D Vision Applied Technology: 1 proxecto innovador en 1 minuto

Entrevista á empresa participante na fase de aceleración da segunda edición da iniciativa Business Factory Auto (BFA).

Youtube Play Button Entrevista coa empresa Muutech Monitoring Solutions

Entrevista á empresa Muutech Monitoring Solutions, participante na segunda edición do BFA.

Youtube Play Button NORT3D Ingeniería y fabricación del norte: 1 proxecto innovador en 1 minuto

Entrevista coa empresa NORT3D Ingeniería y fabricación del norte, que participa na fase de aceleración da segunda edición do BFA.

Youtube Play Button Norlean Manufacturing & Productividad: 1 proxecto innovador en 1 minuto

Entrevista coa empresa Norlean Manufacturing & Productividad, participante na fase de aceleración da segunda edición do BFA.

O ecosistema de automoción de Alsacia coñece o BFA

Onte, unha delegación do ecosistema de automoción da rexión Alsacia sur (Francia) puido coñecer de primeira man a iniciativa Business Factory Auto (BFA) nunha visita ao Cluster de Empresas de Automoción de Galicia. O obxectivo deste encontro foi compartir boas prácticas, principalmente nos ámbitos de emprendemento, innovación, formación e Industria 4.0.

Youtube Play Button Entrevista á empresa Lightbee Mobility

1 proxecto innovador en 1 minuto: Lightbee Mobility, participante na fase de aceleración do BFA.

Youtube Play Button Kaleido Technology Solutions: 1 proxecto innovador en 1 minuto

Entrevista coa empresa Kaleido Technology Solutions, participante na fase de aceleración da segunda edición do BFA.

Youtube Play Button Inprosec-Auto: 1 proxecto innovador en 1 minuto

Entrevista coa empresa Inprosec-Auto, participante na segunda edición do BFA

Youtube Play Button 1 Proxecto innovador en 1 minuto: Industrial Internet of Robots

Entrevista coa empresa participante na segunda edición do BFA.

O Presidente da Xunta visita ás empresas do Business Factory Auto

Alberto Núñez Feijóo, Presidente da Xunta de Galicia, visitou onte aos vinte proxectos participantes nesta segunda edición da iniciativa Business Factory Auto e fíxoo acompañado pola Presidencia do BFA, formada polo Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; o Presidente de CEAGA, Juan Antonio Lloves; do Director de Groupe PSA Vigo, Frédéric Puech; e a Delegada do Consorcio da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa.

Youtube Play Button Entrevista coa empresa Global Galician Parking

1 Proxecto innovador en 1 minuto: Global Galician Parking

Youtube Play Button 1 Proxecto innovador en 1 minuto: Efimob Efficient Solutions

Entrevista coa empresa participante na segunda edición do BFA.

Os proxectos do BFA reciben xornadas informativas sobre financiamento

Os 20 proxectos participantes nesta nova edición do Business Factory Auto (BFA) están a recibir xornadas informativas sobre as distintas modalidades de financiamento ás que poden optar nesta iniciativa. O obxectivo destes encontros é facilitar o acceso ao financiamento por parte dos proxectos, proporcionarlle información e resolver toda clase de dúbidas.

Finaliza o primeiro módulo de formación da segunda edición do BFA

Onte finalizou a primeira parte do programa formativo da iniciativa Business Factory Auto cunha última sesión do módulo “Lean Startup” para os proxectos da fase de aceleración, que se celebrou na sede de Porto do Molle en Nigrán.

En marcha a segunda edición da iniciativa BFA

Xa está en marcha a segunda edición da iniciativa Business Factory Auto (BFA) con vinte proxectos de ámbito 4.0. 10 destas compañías atópanse en fase de aceleración e comezaron a súa actividade no BFA onte, 6 de novembro. Como novidade, este ano lanzouse unha fase de consolidación para proxectos máis maduros, que conta coa presenza de 7 compañías da primeira edición e 3 novas que se incorporan á iniciativa. Esta segunda fase púxose en marcha o 16 de outubro.

Listaxe definitiva de proxectos participantes na segunda edición do BFA

Finalmente, os vinte proxectos participantes nesta segunda edición da iniciativa Business Factory Auto (BFA) son:

O Comité Executivo do Business Factory Auto (BFA) seleccionou 20 proxectos empresariais para participar na nova edición do BFA, que arrincará o próximo 16 de outubro (fase de consolidación) e o 6 de novembro (aceleración).

O Booster Day, unha gran oportunidade para empresas do BFA

O pasado 20 de setembro, as empresas Enxeñería e Control Merasys e Situm Technologies, acompañadas polos representantes da iniciativa Business Factory Auto (BFA), participaron no Booster Day do Grupo PSA, que se celebrou no Foro Armand Peugeot de Poissy.

As novas empresas do BFA completarán a cadea de valor no ámbito 4.0

A finais deste mes de setembro farase pública a lista de novas empresas que formarán parte da segunda edición da iniciativa Business Factory Auto (BFA). Presentáronse preto de 40 proxectos e convidaranse a participar un máximo de 10 para a fase de aceleración e ata 10 na etapa de consolidación, que é unha das novidades desta segunda edición.

A Directora de Investigación e Enxeñería Avanzada do Grupo PSA interésase pola marcha do Business Factory Auto

Onte pola tarde, a Directora de Investigación e Enxeñería Avanzada (DRIA) do Grupo PSA, Carla Gohin, foi recibida na sede do Cluster de Empresas de Automoción de Galicia polo Presidente de CEAGA, Juan Antonio Lloves, e outros responsables da organización, para coñecer as capacidades de innovación desenvolvidas no seo da iniciativa Bussines Factory Auto, en presenza do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde e do Director de Igape, Juan Cividanes.

Tres empresas do BFA entre as mellores startups elixidas polo Grupo PSA a nivel mundial

As empresas Efitrans Efficient Logistics, Enxeñería e Control Merasys e Situm Technologies foron elixidas polo Grupo PSA entre as vinte mellores startups que participarán, o próximo 20 de setembro, no Booster Day do Grupo, que se celebrará no Foro Armand Peugeot de Poissy (Francia). O resto de compañías seleccionadas, 15 son francesas e 2 de Alemaña.

Catro proxectos do BFA preséntanse ao Booster Day do Grupo PSA

Catro proxectos participantes nesta primeira edición da iniciativa Business Factory Auto (BFA), Efitrans Efficient Logistics, Flythings Technologies, Enxeñería e Control Merasys e Situm Technologies, presentáronse ao Booster Day do Grupo PSA, que se celebrará o próximo 20 de setembro no Foro Armand Peugeot de Poissy (Francia).

O BFA adhírese ao programa Startups R para promover a innovación e o emprendemento en Galicia

Esta mañá presentouse, nas oficinas de R en Coruña, o programa Startups R, ao que o BFA xa se adheriu, co obxectivo principal de promover a innovación e o emprendemento en Galicia.

Os proxectos do BFA presentan as súas innovacións a responsables da DRIA e do Business Lab do Grupo PSA

O pasado luns, 10 de xullo, distintos responsables do Grupo PSA en Francia visitaron as instalacións da iniciativa Business Factory Auto (BFA) en Porto do Molle (Nigrán) e puideron coñecer, de primeira man, os nove proxectos participantes na primeira edición.

“O equipo de VMS seguirá crecendo a medida que o proxecto avance”

Entrevista a Pablo Campos, Director Xeral de VMS Automotive, proxecto da primeira edición do BFA.

“O BFA deunos a oportunidade de contactar con potenciais clientes e axentes crave do sector de automoción”

Entrevista con Miguel Pérez, Responsable de Comunicación de Situm Technologies, proxecto participante na primeira edición do BFA

“O financiamento do BFA dedicarémolo á fabricación dos prototipos e á realización dos ensaios”

Entrevista a Rodrigo Cabaleiro, Xefe de Proxecto en Cablerías Energy BB, participante na primeira edición da iniciativa Business Factory Auto (BFA).

Aberto o prazo de inscrición para a segunda convocatoria do BFA

O pasado xoves, 8 de xuño, lanzouse a segunda convocatoria da iniciativa Business Factory Auto (BFA) cun acto ao que acudiron duascentas persoas, interesadas en coñecer os requisitos para participar nesta nova edición.

Lanzamento da segunda edición da iniciativa BFA o próximo 8 de xuño

O próximo 8 de xuño terá lugar, no Centro de Negocios de Porto do Molle (Nigrán) ás 11:45 h, o acto de lanzamento da segunda edición da iniciativa Business Factory Auto (BFA).

“Traballar co equipo do BFA foi de gran axuda para converter o noso proxecto de negocio nunha empresa real”

Entrevista a Cora Vinagre, Directora de Desenvolvemento de Negocio de FlyThings, que participa na primeira edición do Business Factory Auto (BFA).

As empresas do BFA incorpóranse ao programa Amazon Activate

Os proxectos participantes na iniciativa Business Factory Auto (BFA) poden acollerse desde hoxe ao programa “Amazon Activate” e, por tanto, beneficiarse dunha serie de vantaxes.

“A nosa empresa é de aquí e está a xerar emprego en Galicia”

Entrevista a Xavier Barra, Responsable do proxecto empresarial “Enxeñería e Control Merasys”, participante na primeira Fase de Aceleración da iniciativa Business Factory Auto (BFA).

“As sesións de mentoring e formación do BFA complementan a nosa experiencia”

Entrevista a Iván Luarca, CEO do proxecto Eccocar, participante na primeira Fase de Aceleración da iniciativa Business Factory Auto (BFA).

“Co noso proxecto empresarial buscamos ampliar o negocio cara ó ámbito da robótica colaborativa”

Entrevista con Óscar Rodríguez, Project Manager da empresa Humat Cobotic, participante na primeira Fase de Aceleración da iniciativa Business Factory Auto (BFA).

Comeza o plan de formación para os participantes no BFA

O pasado 7 de febreiro, os participantes na Fase de Aceleración da primeira edición da iniciativa Business Factory Auto (BFA) comezaron a recibir formación cunha primeira sesión teórica sobre cultura sectorial.

A Presidencia do BFA visita ás empresas participantes, que xa xeran 36 empregos

Onte, 17 de xaneiro, a Presidencia da iniciativa Business Factory Auto (BFA), constituída pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, CEAGA, o Consorcio da Zona Franca de Vigo e o Grupo PSA, visitou ás nove empresas participantes para coñecer o equipo e o proxecto que levarán a cabo cada unha.

En marcha a primeira edición do BFA con nove empresas constituídas

Onte comezou a primeira edición da iniciativa Business Factory Auto (BFA) con nove empresas constituídas e instaladas na sede de Porto do Molle en Nigrán, cedida polo Consorcio da Zona Franca de Vigo.

O Comité Executivo do Business Factory Auto (BFA) reuniuse onte, nas instalacións do Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA), para valorar os proxectos presentados a esta iniciativa.

Finaliza o prazo de inscrición do BFA con 22 proxectos presentados

O pasado venres 28 de outubro finalizou o prazo de inscrición para participar na primeira convocatoria do Business Factory Auto (BFA) cun total de 22 proxectos empresariais presentados das catro categorías posibles (spin out, spin off, startups e several companies spin outs).

O Comité Executivo do Business Factory Auto (BFA) aprobou esta mañá, durante unha reunión na sede de CEAGA, ampliar o prazo de presentación de solicitudes ata o venres 28 de outubro.

Os interesados en presentar ao BFA un proxecto de innovación específico de automoción contan agora con dúas semanas máis de prazo e poden consultar as bases do programa, dispoñibles na web, onde atoparán todos os requisitos necesarios.

Presentación do BFA no Máster de Automoción da Universidade de Vigo

Os alumnos do Máster de Automoción da Universidade de Vigo puideron coñecer, de primeira man, a iniciativa Business Factory Auto (BFA), a través dunha ponencia impartida polo responsable do proxecto en CEAGA, Jorge Gómara.

Nesta sesión, celebrada o pasado 22 de setembro, os alumnos recibiron todas as claves para poder presentar un proxecto a esta aceleradora de innovación específica do sector de automoción.

Comeza a iniciativa Business Factory Auto (BFA)

Onte celebrouse, no Centro de Negocios de Porto do Molle, o acto de presentación da iniciativa Business Factory Auto, ao que acudiron preto de duascentas persoas interesadas en coñecer o funcionamento dunha aceleradora que apoiará a creación de proxectos de innovación para a industria de automoción e que foi impulsada en conxunto por CEAGA, polo Grupo PSA, pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e polo Consorcio da Zona Franca de Vigo.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar análisis de uso e de medición da nosa web para mellorar os nosos servizos. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.